Esta moción foi respaldada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias de influencia deste consultorio
Castro de Rei, 30 de xullo de 2024. O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei presentou unha moción para instar á Xunta de Galiza á reapertura do consultorio, esta moción foi aprobada por unanimidade. A pesar desta unanimidade, o alcalde non fixo ningunha xestión ante a Xunta e a veciñanza voltou saír nunha concentración ante o consultorio o pasado domingo día 28 de xullo.
Esta moción foi acompañada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias afectadas, veciñanza que estiveron presentes na concentración que o Bng convocou diante do consultorio de Castro de Rei.
Tanto na moción como na concentración do pasado domingo segue a instarse á Xunta de Galiza á reapertura do consultorio de Castro de Rei así como o compromiso de mantemento asistencial completo tanto no verán como no resto do ano. “A Xunta de Galiza ten a competencia en materia de sanidade e leva anos desmantelándonos os centros de saúde do concello de Castro de Rei coa complicidade do Sr. Alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado que no pleno vota unha cousa e despois ante a Xunta de Galiza baixa a cabeza” explica Olga García.
Neste senso, a concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei que vemos como nos pechan o consultorio dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro” e incidiu “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.