Ribadeo, 23 de xullo de 2024. A Festa do Percebe de Rinlo, que terá lugar o 3 de agosto, contará por segundo ano cun servizo de transporte gratuíto desde Ribadeo. Sairá desde a estación de autobuses ribadense entre as 11 e as 15 horas e fará viaxes de volta desde Rinlo entre as oito da tarde e as doce da noite.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe presentamos a festa do percebe, un ano máis Rinlo vai acoller a gran celebración do percebe, da degustación, da festa e de enxalzar un produto de proximidade, un produto do que detrás hai un sacrificio, hai unha entrega de moitas percebeiras e percebeiros que se dedican e apostan por este medio de vida, pero tamén, sendo conscientes todos, que hai un sacrificio, hai un esforzo e hai unha entrega”.
O rexedor manifestou: “estamos moi satisfeitos dende o Concello porque o relevo xeracional existe, está garantido e dende logo nosoutros como Concello, como institución, e tamén a Xunta neste caso, queremos apoialos. Unha forma tamén é poñendo en valor un produto, enxalzando ese produto e degustando o percebe”.
Vega subliñou: “unha festa que xa é o segundo ano que tamén queremos facer de forma sostible e segura. É dicir, o Percebús é un transporte público gratuíto que vai achegar a moitas persoas que aforran de levar o coche para Rinlo e converter Rinlo nun aparcadoiro. Poden deixar o coche con tranquilidade aquí en Ribadeo no entorno da estación de autobuses, e coller o Percebús a partires das 11 da maña ata as 3 da tarde. E despois vai ser desde as 8 da tarde as 12 da noite para volver. De onde sae? Da estación de autobuses de Ribadeo. Punto de chegada e recollida en Rinlo será na Avenida de Ribadeo. E despois viaxe de volta desde a Avenida de Ribadeo en Rinlo ata a estación de autobuses da nosa vila”.
Para o alcalde “é unha forma, digamos, de darlle ese valor engadido a unha celebración, a unha festa, como é o percebe, de forma segura e sostible, e garantíndolle a todo o mundo poder disfrutar e pasalo ben. Pois, volve o percebe, disfrutemos, pasémolo ben, o vindeiro 3 de agosto en Rinlo. Todos apoiando o percebe, unha forma de vida de tantos percebeiros e percebeiras que escolleron ese medio de vida e tamén garantindo así un relevo xeracional”.
No acto de presentación do Percebús participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Montse Seijo, así coma representantes da Confraría de Pescadores de Ribadeo e das percebeiras e percebeiros de Rinlo.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).