A actividade, enfocada ao sector hostaleiro da comarca, servirá tamén para presentar o Manual de Boas Prácticas na IXP Terras do Navia, elaborado pola Asociación Galega de Viticultura e FRUGA
Barreiros, 8 de xullo de 2024. Os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerán o vindeiro venres 12 de xullo (17.00 horas) unha charla divulgativa e unha cata comentada sobre os viños da IXP Terras do Navia, organizada pola Asociación Galega de Viticultura e a FRUGA co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.
Os adegueiros Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, da Adega Panchín, participarán no coloquio, que se completará cunha cata de viños das tres adegas que comercializan os viños co selo da IXP -ademais de Adega Panchín, Adega Sidrón e Bodega da Señora- da man do sumiller Martiño Santos.
O deputado de Rural Daniel García fixo fincapé no carácter divulgativo e formativo desta actividade coa que “achegamos os produtos da provincia de Lugo aos locais de hostalería, para dalos a coñecer entre toda a poboación. Este selo de calidade foi recoñecido fai un ano e medio, polo que o seu percorrido é moi breve, pero dende as adegas celebran que o produto ten cada vez máis interese e eventos coma este axudan a aumentar a súa repercusión nos circuítos curtos de distribución”.
Así mesmo, o técnico de FRUGA Javier Monteagudo defende estas actividades como “unha formación necesaria para os hostaleiros de Barreiros, que cada verán contan cun gran número de visitantes e veciñanza nos seus negocios. Isto permite dar a coñecer os caldos das Terras do Navia a novos mercados”.
Manual de Boas Prácticas na IXP Terras do Navia
A xornada acollerá tamén de presentación do Manual de Boas Prácticas na IXP Terras do Navia, un documento que servirá para guiar aos adegueiros e adegueiras deste selo de calidade en todos os procesos de creación do viño, dende o cultivo ata a comercialización, pasando polo proceso de elaboración e explicando tamén o marco normativo e o mantemento da maquinaria, elaborado pola Fruga e a Asociación de Viticultura de Galicia, estará dispoñible acceso público a partir da presentación.
O deputado de Rural Daniel García destacou a importancia deste arquivo que permitirá “unificar a produción e que as adegueiras e adegueiros poidan ter un manual de consulta ante posibles dúbidas. Hai que ter en conta que a IXP Terras do Navia é moi recente e estes documentos permiten mellorar e facilitar o traballo de todas e todos”.
Coa actividade que se celebrará o venres en Barreiros, concluén o ciclo de charlas divulgativas e catas promovidas pola área de Rural para ampliar o coñecemento da conca do Navia e dos seus viños tras lograren o pasado ano o certificado de calidade, que se celebraron tamén en Lugo, Vilalba e Viveiro.
Con elas, a área provincial deu continuidade á colaboración que mantivo nos dous últimos anos coa Asociación Galega de Viticultura, desenvolvendo diferentes accións de formación e asesoramento a mozos e mozas con interese por emprender o seu proxecto de vida vencellado aos viños de Terras de Navia, co obxectivo de recuperar a produción de viño na zona e reverter o abandono de viñedos que se deu nas últimas décadas.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



