Vaia por diante que a pescuda xudicial desenvolvida polo maxistrado do Xulgado de Instrución nº 41 de Madrid, J.C. Peinado, a respecto de determinadas condutas de Begoña Gómez, dona do Presidente do Goberno do Estado é desaquelada ás fins de investigación que di buscar. Naceu dunha querela alicerzada en informacións de prensa que non debeu nunca ser admitida, enxergou dende eses feitos denunciados (únicos sobre os que habería desenvolverse as pescudas) outras condutas dun xeito prospectivo e, xa que logo, ilegal e acadou níveis moito máis graves acordando e mantendo a citación como testemuña de Pedro Sánchez malia o seu dereito, quer a non declarar como cónxuxe da persoa investigada, quer a facelo por escrito por mor do seu cargo público. Lawfare de libro
Con ser isto verdade e con facer evidente que unha moi curta (malia que moi influínte) minoria de xuices está a deteriorar a nosa convivencia democrática (agarden vostedes ao moi probábel prendemento do presidente Puigdemont polo Supremo, malia ser suxeito pasivo obrigado da amnistía) o relato de Sánchez amosa evidentes feblezas.
A primeira é a proxección dese adanismo que se manifestou nomeadamente naquel proceso de diálogo consigo mesmo desta última primavera. Semella que él e a súa dona son os primeiros en padecer lawfare. esquecendo casos máis ou menos afastados no tempo (as condenas por prevaricación do entón coaga X.L. Barreiro Rivas no 1990 ou do presidente do Parlamento vasco Juanmari Atutxa no 2004) ou máis recentes, sofridas nomeadamente por políticos soberanistas cataláns (Màs, F. Homs, Junqueras, Forn, Turull, Rull, Forcadell…) e outros, como o deputado canario Alberto Rodríguez. Esquecer este pasado amosa unha clara carencia da acaída diagnose.
A segunda é o esquecemento “sine die” da carpeta das medidas de rexeneración democrática que nos prometeu nesta primavera ao se pechar para falar consigo propio (nomeadamente o desenvolvemento da lexislación europea sobre medios de comunicación no senso de protexer a liberdade de expresión e a identificación da titularidade real e dos intereses das empresas mediáticas) canda outras que xa son promesas electorais do 2019, como a derrogación da chamada lei mordaza, dos delictos de inxurias ao Xefe do Estado e da prisión permanente revisábel. Todas elas auténticas infiltracións de autoritarismo impropias do corpus xurídico dunha democracia liberal avanzada.
A terceira é a evidencia, nesta altura da investigación, da falla de materia delictiva na conduta de Begoña Sánchez, o que non prexudica a súa recíproca falla de exemplaridade, que se amosa en feitos como convocar ao reitor da primeira universidade pública do Estado na Moncloa, ser a única persoa non licenciada ou graduada titular dunha cátedra da devandita Universidade e a extrema familiaridade con empresarios que acadaron importantes incrementos de facturación cos procesos de dixitalización dalgúns sectores económicos promovidos dende a primavera da pandemia polos fondos EU next generation. A cualidade de ser parella dun alto mandatario público non pode conlevar o sacrificio da carreira profesional propia, mais as dúas persoas da parella han compatibilizar carreira política e carreira profesional evitando calquera conflito de intereses. Velaí outro ámbito a regularmos dende a prometida lexislación pro rexeneración democrática.
Esta febleza de discurso e malia intrínseca e moi limitada capacidade de Sánchez e do PSOE, en xeral, para cumprir os seus compromisos está a fanar, aos poucos, a confianza dos seus socios de investidura, proxectando moi serias dúbidas a respecto da sostibilidade dos acordos que sinalaron o comezo da actual lexislatura estatal.

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



