Xove, 6 de xullo, 2024. O pasado xoves, 4 de xullo, celebrouse en Xove a Festa do deporte organizada polo departamento de deportes do Concello, acto que puxo fin á tempada 2023-24.
Nela participaron gran parte dos deportistas que pertencen ás asociacións e clubs do concello.
No evento estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes e Xuventude; e as concelleiras, Dolores Meitín, Cecilia Duarte e Tamara Soto.
Fíxose entrega dunha medalla a todos os participantes e homenaxeouse a aqueles que acadaron podium nas diferentes competicións oficiais dos distintos deportes practicados.
Os galardoados foron o Equipo cadete da SD Xove FS, campeón Liga Autonómica. Equipo Senior da SD XOve FS, Playoff Ascenso a segunda division nacional. Equipo prebenxamín de fútbol sala da ACD Xove, subcampión provincial e campión da Liga de A Mariña. Equipo Benxamín de fútbol sala da ACD Xove, campión da Copa da Mariña. Tamén foron galardoados os equipos de primaria e secundaria de patinaxe artística da ACD Xove, Paula Fernández e Sabela Cereijo campiona e subcampiona provincial de duatlón, así como Iago Sánchez campión provincial de Bádminton.
En natación Rubén Antón, Luis Riveira, Hugo Otero, Enma Buján, Erín Augusti, Iago Pérez, Emilia Barro, Sabela Ramos, Enol Valdés, Xavi Isasti, Esmeralda Cuba, Sabela Be, Pilar Vázquez, Anselmo García, Víctor Míguez, Bruno Oroza, Andrea Alvite e Juanma Ferro foron os galardonados; mentras que en Bolos foron Miguel López, Ginés Rodriguez, Julia López, Belén Meitín, Carmén Roca, Marcelino Rodrigueza, Cristian Rodriguez e Javier Rodriguez.
Dende a organización deuse as gracias ás directivas, adestradores e delegados por fomentar a práctica deportiva entre a veciñanza. Así como a aposta dende o Concello por fomentar todo tipo de práctica deportiva para todas as idades, organizando infinidade de actividades ao longo de todo o ano e construíndo e mellorando novas instalacións deportivas de acorde á actualidade e demandadas polos veciños e veciñas.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
