A proxección e votación será o xoves 8 de agosto, ás 20h, no Cine de Ribadeo. A Gala Final, o venres 9, ás 20h, no Cine Teatro de Ribadeo
Ribadeo, 30 de xullo, 2024. Consolidado xa coma unha das grandes datas da cultura cinematográfica da Mariña Lucense, o Festival de Cine Curto de Ribadeo volve coa súa terceira edición neste mes de agosto, mantendo a iniciativa orixinal de achegar ao público o mundo da curtametraxe e seleccionar traballos relacionados cos cineastas e profesionais da zona.
Na segunda edición, a curtametraxe “Nena”, do actor e humorista Xosé Antonio Touriñán e o director Jairo Iglesias, resultara o traballo más votado e recibira o Premio do Público. Ademais, otorgárase a Mención do Xurado á curtametraxe “Sandwich Cat”, de David Fidalgo. Este ano, oito novas curtametraxes, todas recentes, vencelladas coa nosa zona e de xéneros variados, competirán polo Premio: “Segunda”, de Anita Pico; “Pathos”, de Andrea Noceda; “Histeria do meu pequeno mundo”, de Pablo Fontenla; “Alicia fai cousas”, de Ángel Santos; “Vellamorta”, de Juan Galiñanes e Andrea Bouzo; “Los domingos que quedan”, de Manolo Pavón; “Trastos: un día normal na vida de Persoa Maceta Lámpada”, de Javier Blanco Armada, e “Esto no es Noruega”, de Alicia Albares e Paco Cavero.
Dende a organización do Festival, animan ao público a asistir a ambos eventos, xa que cada un ofrecerá unha parte distinta da experiencia dun festival de cine e, ademais, a entrada é gratuita. A primeira data, a proxección e votación do público asistente, o xoves 8 de agosto ás 20 h no Cine de Ribadeo, será o único dos dous días que se poderán ver e puntuar as oito curtas seleccionadas, presentadas alí mesmo polos seus autores. A segunda data obrigada será a Gala Final, o venres 9 ás 20 h no Cine Teatro de Ribadeo. Nela, o padriño desta edición e recente gañador do Festival, Xosé Antonio Touriñán, actor, humorista e director, fará entrega do Premio do Público e da Mención do Xurado. Ademais, nesta Gala, a cantante e compositora Belém Tajes, ex-integrante do grupo Luar na Lubre e autora da banda sonora da curtametraxe gañadora do ano pasado, ofrecerá unha actuación.
Este Festival, promovido pola compositora ribadense Carme Rodríguez, en colaboración con Gloria González, Mónica Arnanz e Sergio García-Ramos, está financiado polo Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, e conta coa axuda do Hotel Voar e a asociación As Vacas Fracas. Esta é unha iniciativa cultural pioneira e diferente na nosa zona, que quere poñer en valor os traballos dos departamentos do cine máis invisibles, pero sempre imprescindibles, e que trata de facer chegar ao público xeral o formato da curtametraxe, ás veces descoñecido, no que se atopan os grandes talentos do futuro e do presente, respondendo sempre a este lema: aquí tamén se fai cine.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



