A Mariña, 15 de xullo, 2024. A Asociación Saúde Mental A Mariña está a desenvolver dende o mes de xuño o proxecto “Conecta co mar. O mar é vida”. Este proxecto contempla a realización de actividades vinculadas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro e de sensibilización e coidado do medio mariño, a través da cultura marítima para incrementar o benestar psicolóxico e social da persoas con enfermidade mental, achegándoas dunha maneira activa e consciente ao mundo do mar.
“Pretendemos utilizar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras para a atención e coidao da saúde mental, especialmente para a prevención do suicidio, aumentar o coñecemento do patrimonio cultural na zona pesqueira do Galp A Mariña- Ortegal, conseguir/ manter a estabilidade clínica das persoas con enfermidade mental e aumentar a sensibilización e e o coidado do medio mariño.”
Para elo, o proxecto contempla tres tipos de actividades diferentes:
UN MAR DE DIVERSIÓN, INTEGRACIÓN E CULTURA: onde se encadran actividades orientadas a disfrutar dun tempo de ocio activo e saudable que axude a eliminar pensamentos autolíticos e a sentirse produtivos.
UN MAR DE SAÚDE: actividades vinculadas ao coidado do mar, á sensibilización medioabiental e ao coidado da propia saúde.
UN MAR DE COÑECEMENTO: actividades vinculadas ao coñecemento das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro e das redeiras de Burela, así como de aspectos de interese ao longo da historia vinculandos co mundo do mar.
O proxecto “CONECTA CO MAR. O MAR É VIDA” conta cunha axuda da Consellería do Mar ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada polo Galp A Mariña Ortegal, ao amparo da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas ao grupos de acción local do sector pesqueiro ( GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027 e se convocan as correspondentes para o ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



