Os tótems publicitarios foron instalados na Praza dos Campos e na Praza do Souto como ferramentas para contribuír a mellorar a experiencia do visitante e as necesidades informativas da veciñanza
Cervo, 15 de xullo, 2024. O Concello de Cervo vén de poñer en funcionamento dúas pantallas interactivas que foron instaladas na Praza dos Campos, en San Cibrao, e na Praza do Souto, en Cervo, como lugares máis céntricos dos núcleos de poboación.
Os tótems publicitarios supuxeron un investimento de 15.000 euros procedementos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dos Fondos NextGenerationEU.
Tal e como explicou a rexedora, Dolores García Caramés, con estas pantallas pretendemos reforzar a información cultural e turística do noso municipio “a través dun sistema de sinalización eficaz que facilita a identificación e a accesibilidade aos recursos que temos no concello, e contribúen a resolver as necesidades orientativas e tamén informativas, dos visitantes, e tamén da veciñanza, “son instrumentos moi útiles e sinxelos que axudan a realizar, pois, unha visita o máis agradable, ociosa, educativa e autónoma posible a través dunha comunicación interactiva”
Estes tótems son ademais un reforzo informativo a toda a rede comunicativa que temos activa no Concello, que se suma ás diferentes redes sociais municipais, á cartelería e a páxina web que se actualizan cada día con todos os contidos informativos e de interese para a veciñanza.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



