As xornadas, que comezaron este mércores no Museo Provincial de Lugo, reúnen profesionais de museos, investigadores universitarios e profesorado de secundaria de todo o Estado
Lugo, 3 de xullo de 2024. O Museo Provincial de Lugo acolleu esta tarde as primeiras ponencias das Xornadas Internacionais de Educación e Museos, na que se expuxeron as potencialidades dos museos para xenerar contidos e situacións de aprendizaxe para a educación histórica e patrimonial.
Profesionais de museos e expertas en didáctica e formación do profesorado trasladaron nas súas intervencións os resultados do proxecto “Ensinanza da historia e difusión do patrimonio cultural Trasnferencia de investigacións sobre formación do profesorado, recursos dixitais e métodos activos” no que participaron unha vintena de museos e universidades de todo o Estado e que se ven desenvolvendo desde comezos de ano.
Na inauguración das xornadas, a deputada de Cultura Iria Castro destacou “que a elección de Lugo, e da Rede Museística Provincial, para presentar as conclusións deste proxecto de ámbito estatal reforza os museos provinciais como promotores de iniciativas pioneiras de cara ao cumprimento dos dereitos culturais”, ademais de ofrecernos “unha gran oportunidade para proxectar o noso patrimonio en todo o Estado”.
Tras o relatorio inaugural, a cargo da escritora e catedrática de didáctica das ciencias experimentais Marilar Alexandre, que incidiu no papel emancipador da educación, Encarna Lago, xerente da Rede Museistica Provincial, Pilar Alcántara Peyres, do Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática, Eloisa del Alisal Sánchez, do Museo da Memoria de Andalucía e Ramón Cózar Guitíerrez e María del Mar Simón García, da Universidade de Castilla-La Mancha conduciron un coloquio no que se valorou a potencialidade de pezas dos diferentes museos para abordar temáticas como as migracións, a diversidade funcional ou as causas de situación de risco de exclusión.
A orixe das xornadas
O proxecto, cuxa presentación de resultados ten lugar nestas xornadas, xorde dun meticuloso proceso de traballo que comezou en xaneiro e no que participan 14 museos -o Museo Nacional do Prado, o Museo Arqueolóxico Nacional, o Museo Nacional de Altamira, o Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática, a Rede Museística de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar), o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego, os Museos do Concello de Vigo, o Museo Arqueolóxico de Alicante e o Museo da Memoria de Andalucía – e seis universidades -a Universidade de Murcia (coordinadora), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Granada, a Universidade de Almería, a Universidade de Valladolid e a Universidade de La Laguna -, ademais de profesorado de centros de secundaria de Murcia, Castilla -La Mancha e Cantabria.
O intercambio de coñecementos e experiencias entre as institucions educativas e os museos frutificou no deseño de situacións de aprendizaxe creadas a partir de pezas conservadas nos diferentes museos, como referencia para ofrecer narrativas sobre desigualdades sociais e económicas, persoas en situación de dependencia na historia, violencia machista, historia e migracións, racismo e escravitude, seguridade no traballo ou a España democrática. Ademais de exporse nas xornadas desta semana, as situacions de aprendizaxe recóllense no libro “Educación histórica e museos” da editorial Octaedro.
A Rede Museística, asesora en Dereitos Culturais
Durante a presentación das Xornadas, adiantouse a participación da Rede Museística Provincial no grupo de traballo creado polo Ministerio de Cultura -Dirección Xeral de Dereitos Culturais – para desenvolver un Plan de Dereitos Culturais de ámbito estatal.



















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



