Mondoñedo 12 de Xullo do 2024. Reunidos na casa Consistorial déronse cita a Garda Civil, coordinador de protección civil, José Otero , policía local, a tenente de alcalde, Dª Mª Angeles Rodríguez Rico, e o alcalde do excelentísimo concello de Mondoñedo D Manuel Angel Otero Legide. O obxectivo da presente mesa de coordinación co obxetivo de millorar a edición anterior e por en marcha as actuacións precisas para facer o evento multitudinario para veciños e visitantes máis seguro.
Valoraranse novas ubicación para extender o feiral e facer mais seguro o transito de persoas, quedará prohibida a colocación de postos nas rúas Andrés Baamonde, Progreso, Guevara e Bispo Sarmiento. Elaborarase normativa para a colocación de postos e atraccións donde será preciso presentar, altas seguridade social, número de metros do posto e autorización expresa do Concello e da Asociación para poder colocarse esta deberá estar visible en todo momento. Os postos marcaranse a zona lateral de ocupación e frontal eliminando en algunhos casos por seguridade as furgonetas colocadas detrás.
Neste senso abrirase a inscrición para o feiral a partir do 10 de setembro e rematará o 5 de outubro, para facilitar a xestión dos postos e as medidas de coordinación para a seguridade dando traslado de todas as ubicacións a Xunta de Seguridade que se celebra cada ano con motivo das Feiras e Festas das San Lucas.
O presidente das San Lucas “valora positivamente a realización destas reunións e o apoio de todas as institucións así como das Forzas de seguridade e de todos os traballadores do Concello de Mondoñedo para facer máis fácil a súa labor altruísta”.
Por outro lado o alcalde do concello de Mondoñedo “agradece a labor das Asociacións e a súa implicación no desenrolo da actividade cultural da cidade xa que sen elas non sería posible realizar estos eventos; dos fallos e onde máis se aprende e desexamos que tantos visitantes como os veciños podan desfrutar das mellores feiras e festas as San Lucas”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



