A cita será no Guioncho, e contará coa mellor animación musical
Cervo, 4 de xullo de 2024. A parroquia de Santa Isabel de Lieiro xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde o venres 5 de xullo, ata o luns 8 de xullo.
A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello.
O programa arrincará o venres ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Nueva Fuerza, Conxuro discomóvil e DJ Litainer
O sábado, 6 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra Ritmo Joven.
Chegada a noite, as orquestras La Fórmula e Ritmo Joven amenizarán a verbena desde as 22.30 horas.
O domingo, 7 de xullo, a misa solemne está prevista para as 13.00 horas, na capela do Guioncho, e ao termo do acto será o grupo Da Silva, o que amenizará a sesión vermú.
Entrada a noite, as orquestras Gran Parada e Cinema porán a nota musical desde as 22.30 horas.
O luns, 8 de xullo, último día da festa, o grupo Mistura de Lieiro actuará ás 19:00 horas, seguido da popular sardiñada, que comezará ás 20:00 horas. Chegada a noite Tania Veiras e a orquestra Galilea amenizarán a verbena desde as 21.30 horas.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a sumarse a esta gran festa, “unha cita moi marcada no noso calendario que ano tras ano congrega a centos de visitantes animados por un ambiente excepcional e pola mellor animación musical posible”; Caramés tamén quixo darlle os parabéns á organización “polo gran cartel previsto e polo esforzo de seguir a organizar ano tras ano, con tanta dedicación e ilusión, unha cita tan importante para Cervo, e das máis destacadas do verán na comarca, sen dúbida”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



