Ribadeo, 24 de xullo de 2024. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa segunda edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila esta vindeira fin de semana.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “mais de 15 establecementos asociados a Acisa ofrecen descontos especiais os días 26, 27 e 28 de xullo aos asistentes á segunda edición do Vendaval fest. Esta é unha nova actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis… con descontos que van dende o 5% ao 30 % a maiores do prezo de rebaixas nos comercios participantes, 2×1 en pizzas, prezos especias en consuncións como cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, contou que “con motivo desta nova edición do Vendaval Fest, o equipo organizador do festival propúxonos levar a cabo unha actividade na que se poidan implicar os negocios locais e polo tanto beneficiarse da esperada chegada de moitos asistentes. A proposta pareceunos interesante, xa que é unha boa forma de que o apoio que dende Acisa ofrecemos ao Vendaval Fest se vexa compensada coa posibilidade de que os asistentes ao festival realicen os seus gastos nos establecementos asociados ao noso colectivo”.
Pérez Prada subliñou que “para beneficiarse destas promocións especiais estes días, solo é necesario posuír a pulseira de acceso ao festival e ensinala á hora de pagar, e así o negocio aplicará o desconto ou promoción á compra ou consumición realizadas”.
Cruzado Iglesias dixo: “queremos desexarlle a mellor das sortes o Vendaval Fest nesta segunda edición, que seguro vai ser un éxito. Dende Acisa consideramos que iniciativas así son moi importantes para o fomento da economía local”.
O xerente de Acisa declarou: “estamos seguros de que moitos veciños e veciñas animaranse esta fin de semana a saír e desfrutar das compras na nosa vila e de comer ou cear fora, ou de tomar unhas cañas con amigos, e que serán moitos os visitantes que se acheguen a Ribadeo grazas á musica e a proposta do Vendaval Fest, por iso desde Acisa quixemos colaborar neste evento, tanto economicamente como con esta campaña de descontos para os seus asistentes”.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo agradeceu aos organizadores do Vendaval Fest “que quixeran contar con nos como colaboradores e que ademais buscasen unha forma na que involucrar ao tecido empresarial co seu festival”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



