Ribadeo, 31 de xullo de 2024. Hoxe tivo lugar unha xuntanza da mesa local de comercio con asistencia, por vídeo conferencia, do director xeral de Comercio, Gabriel Alén. Entre os asuntos abordados figuran a achega de 9.500 euros que recibirán os praceiros da praza de abastos de Ribadeo así coma o convenio por importe de 50.000 euros subscrito entre o Concello e a Dirección Xeral de Comercio, que irá destinado en parte á nova campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe tivo lugar a Mesa Local de Comercio, na que participamos como goberno, tamén membros da oposición, Acisa e, por primeira vez, tamén participou o director xeral de Comercio.Eu creo que é moi importante ter estas reunións. Evidentemente apróbanse certas cuestións que van na orde do día, pero aparte diso fálase de cousas fundamentais para o futuro”.
O rexedor explicou que “nesa Mesa Local de Comercio concretouse en primeiro lugar unha axuda de 9.500 euros para os praceiros da Praza de Abastos. E partir de aí tamén vai haber unha solicitude dunha subvención por parte do Concello para ir preparando e modernizando a nosa Praza de Abastos”.
Vega subliñou que “en segundo lugar concretouse o convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Comercio, da Xunta de Galicia, e o Concello de Ribadeo, de 50.000 euros. Aí vamos empezar, como xa se aprobou no pleno da corporación municipal anterior, esa colaboración para o incremento no orzamento da Pancha; pasamos de 65.000 a 85.000 euros de presuposto. Polo tanto é un incremento de 20.000 euros, que todos os veciños e visitantes, todos aqueles que consuman e compren no comercio local van ter máis axuda que en anos anteriores. E tamén con ese orzamento de 50.000 euros vamos traballar na dixitalización e na dinamización do comercio”.
O alcalde fixo unha valoración positivo desta xornada de traballo: “polo tanto foi unha reunión produtiva, na que tamén falamos de cousas estratéxicas para o futuro, como é o comercio de calidade; as prazas de abastos, que tamén están nesa estratexia de excelencia de produtos e de traballo e profesionalización. Polo tanto, unha reunión positiva na que resaltamos ese primeiro convenio coa Xunta de Galicia en comercio de 50.000 euros. E a partir de aí seguiremos traballando e xestionando”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



