Viveiro, 19 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias inmersivas en 3D coa recreación das tres portas desaparecidas da antiga muralla: a das Angustias, a de Santa Ana e a de San Antonio.
Na presentación estiveron a alcaldesa e responsable da área de Turismo, María Loureiro; Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, que aportou documentación e datos ao proxecto; o arquitecto municipal, Santiago Meitín, e a técnica da oficina de Turismo, María San Isidro, que tiveron un papel importante no proxecto.
“Un novo paso para ofrecer servizos dixitalizados e de calidade aos nosos veciños e veciñas, en primeiro lugar, e tamén a todas as persoas que nos visitan durante o ano”, explica María Loureiro.
O concello acadou unha subvención, tramitada pola Xunta no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Con ela, Viveiro desenvolveu o seu proxecto ‘Viveiro Medieval’, que consiste nun portal web de realidade aumentada e xeoposicionamento, coa integración do panel de xestión integral da App, en funcionamento dende decembro do 2023, e a creación destas novas experiencias inmersivas en 3D que poñen en valor o noso pasado medieval, renacentista e moderno grazas a recreación das tres portas desaparecidas da antiga muralla: a das Angustias, a de Santa Ana e a de San Antonio.
“Neste caso, proxectáronse no aspecto que terían a finais do século XVIII segundo distintas fontes documentais, e tamén recreáronse as portas da Vila e a do Valado, onde se poden ver tramos da muralla que percorría todo o perímetro do centro histórico. A todo isto súmase tamén o alzado exterior da igrexa de Santa María do Campo”, engade a alcaldesa de Viveiro.
As recreacións engloban tanto as propias portas como o entorno onde estaban ubicadas: a porta das Angustias e a súa proximidade á ponte do río Labrada, a porta de Santa Antonio e os alfolís (almacéns reais de sal onde se gardaban e vendías a sal estancada con privilexios reais), e adosado a ela o baluarte defensivo cun pequeno patio onde facían instrución, e a porta de Santa Ana moi próxima ao convento de Santa Domingo, todo elo fronte ao alxibe.
A localización actual das portas desaparecidas sería a seguinte: Porta das Angustias, na rúa Irmáns Vilar Ponte, esquina coa praza de Juan Donapetry (Pontelabrada); a Porta de San Antonio en Avenida de Cervantes, esquina con Margarita Pardo de Cela (A Ribeira); e a Porta de Santa Ana en García Dóriga con Pastor Díaz (praza de Lugo).
Coa App ViveiroAR presentada en decembro, na que se xeoposicionan diferentes recursos turísticos do municipio, “dispoñemos dun tótem en 3D da Puerta de Carlos V e o novo proxecto que hxe presentamos”, remata Loureiro.
Na páxina web de Viveiro Turismo pódese atopar a WebAR e desde alí acceder á App e disfrutar de todo o contido.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



