O Goberno destina 15M € do Plan de Recuperación para que o novo modelo de Rexistro Civil sexa unha realidade en toda España a mediados do ano 2025
A Coruña, 7 de agosto de 2024. A Delegación do Goberno informa do paso adiante da dixitalización do Rexistro Civil en Galicia tras as resolucións publicadas no BOE que fixan a implantación da aplicación DIGIREC en cinco novos partidos xudiciais galegos este outono. Desta maneira, a partir de setembro, e de maneira progresiva, a cidadanía dos partidos xudiciais de Monforte de Lemos e Mondoñedo, na provincia de Lugo, e de Tui, O Porriño e Redondela, na provincia de Pontevedra poderán beneficiarse do novo modelo de Rexistro Civil, máis áxil e eficiente tanto para os cidadáns como para as autoridades.
Con estas incorporacións, o Ministerio de Presidencia camiña cara o obxectivo de conseguir que o 100% dos Rexistros de Galicia dispoñan desta ferramenta antes de mediados de 2025. Este ano completarase a dixitalización de 31 dos 45 partidos xudiciais, nos que residen 2,3 millóns de galegos a galegas. Os 14 últimos implantarían este modelo no primeiro semestre de 2025.
Entre as vantaxes desta aplicación informática, inclúese a tramitación electrónica de expedientes, a inscrición de feitos relativos ao estado civil das persoas, a organización da información rexistral en formato dixital e o acceso telemático á mesma. Así, permite a xestión electrónica de eventos como nacementos, matrimonios e defuncións, facilitando á cidadanía o acceso a certificados e trámites de maneira remota e segura.
Do mesmo xeito, este novo Rexistro Civil permite a interoperabilidade entre administracións públicas, simplificando así os procedementos, axilizando os trámites e contribuíndo á eliminación de desprazamentos e a diminución de tempos de espera para os usuarios.
A implantación de DICIREG en Galicia enmárcase no proceso de modernización da xustiza que está a levar a cabo o Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, en colaboración coas comunidades autónomas. O Goberno de España inviste neste proxecto 15 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Resolucións do BOE
Segundo recollen as resolucións da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública publicadas este martes no BOE, o vindeiro 16 de setembro será efectiva a entrada en servizo de DIGIREC nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil do Porriño, e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño. O 23 de setembro será efectiva a entrada en servizo de DIGIREC nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil do Porriño, e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil de Mos e Salceda de Caselas.
O 30 de setembro será o turno das Oficinas Xerais do Rexistro Civil de Monforte de Lemos nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu respectivo partido xudicial: A Pobra do Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
Xa en outubro, o día 7 implantarase a aplicación DICIREG nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil de Caldas e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu respectivo partido xudicial: Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga,
Á semana seguinte, o 14 de outubro, comezará a empregar esta aplicación a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Redondela, xunto coas oficinas colaboradoras de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior.
Posteriormente, o día 28 de outubro será efectiva a entrada en servizo na Oficina Xeral do Rexistro Civil de Mondoñedo e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu partido xudicial da Pastoriza, A Pontenova, Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro, Ribadeo, Riotorto e Trabada.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



