Ribadeo, 8 de agosto de 2024. Acisa Ribadeo agradece o premio Alecrín 2024, concedido pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat). Con este galardón recoñécese o labor que desempeña Acisa na promoción e dinamización do empresariado local de Ribadeo.
O encargado de recoller o premio nomee de Acisa, da man do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Jose González, foi o seu xerente, Jesús Pérez Prada, que indicou: “estamos muy agradecidos por este galardón, que viene a reconocer una vez más nuestra labor diaria en la dinamización de la economía local de nuestra villa, tanto en la hostelería como en el comercio y los servicios. Desde hace 35 años Acisa Ribadeo viene siendo un referente en cuanto al asociacionismo empresarial en Galicia y en el resto de España, hoy recibimos este galardón que se une a otros como el Accésit de los premios nacionales de comercio interior del 2021”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, encargada de presentar o acto de entrega dos premios Alecrín en Ribadeo, sinalou que “en Acisa estamos de aniversario neste 2024. Cumprimos 35 anos de vida. Somos máis de 170 empresas asociadas e asociados: de comercio, de hostalería e de servizos. Acisa é o que é grazas ao traballo de todos os presidentes, de todas as xuntas directivas e de todos os xerentes que pasaron por aquí. En Acisa organizamos ao ano máis de 40 actividades propias pensadas para as nosas empresas asociadas, para que redunden na súa dinamización e na da economía local de Ribadeo. O comercio e a hostalería deste concello son un referente en toda a contorna, tanto en Galicia como en Asturias, pero tamén no resto de España e do mundo”.
Cruzado Iglesias destacou que “todo este traballo é posible levalo adiante grazas ás administracións: ao Concello de Ribadeo, á Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, á Deputación de Lugo, e tamén desde hai un tempo ás empresas privadas, que nos apoian en campañas tan importantes como a Festa do Comercio ou a que desenvolvemos hai unhas semanas durante o Ribadeo Indiano, ademais de nas nosas citas gastronómicas. E iso é moito de agradecer”.
Pérez Prada engadiu que “para la directiva de Acisa y para un servidor, es un placer ver como se reconoce la dedicación y el esfuerzo a nuestro trabajo; en mi caso siendo gerente de Acisa desde hace casi una década, me gustaría destacar el empeño y el trabajo encaminado a hacer que esta asociación crezca más cada año y supere los obstáculos surgidos. Por ello, debemos recordar también, que esto no es trabajo de un día si no de años, nada más y nada menos que 35 años de vida de nuestra entidad, por la que han pasado muchas directivas y gerentes, que han apartado una infinita dedicación y trabajo para que Acisa sea lo que es hoy. El pasado año lo cerrábamos con cifras récord en captación de socios, en número de actividades realizadas, en materiales entregados, en presupuesto para actividades, en colaboraciones en convenios, en patrocinios,… y gracias a eso Acisa sigue siendo un referente del asociacionismo empresarial para muchas otras entidades de toda España. Es un honor haber recibido este galardón que reconoce todo este trabajo y por eso queremos agradecer a Fegalcat este premio”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, felicita “a todos os premiados cos que compartimos estes premios Alecrín 2024 na xornada de onte, sobre todo ás entidades de Ribadeo que foron recoñecidas: a Banda Municipal de Música, Amigos da Gaita e a Coral Polifónica”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



