O conselleiro do Mar, afirma que a presidencia española do Consello da UE foi unha oportunidade perdida para frear os recortes nas capturas en especies de gran interese para a frota galega
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, apoia as demandas do sector pesqueiro galego e recama ao Goberno central cambios na política de cotas pesqueiras que permita garantir a sustentabilidade medioambiental dos caladoiros así como a viabilidade económica da actividade pesqueira. Así, o responsable autonómico pon en valor a actuación do Goberno autonómico en defensa dos intereses da pesca galega coa presentación de alegacións ás resolucións da Secretaría Xeral de Pesca na que se recollían propostas concretas que permitían mellorar o reparto de TACs actual.
O conselleiro do Mar recorda que o reparto de cotas acordado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea a finais do ano pasado foi unha oportunidade perdida, especialmente se temos en conta que nese momento España ostentaba a presidencia rotatoria do Consello da UE. “Así o manifestamos en Bruxelas durante as negociacións que non supuxo ningunha mellora á proposta inicial da propia Comisión” explica. Deste xeito, non houbo ningunha reversión dos recortes nas capturas en especies de gran interese para a frota galega como poden ser o xurelo, o abadexo ou a raia, entre outras.
Nesta liña, destaca que desde Galicia se realizaron alegacións a comezos de ano ás resolucións da Secretaría Xeral de Pesca fronte a estes recortes reclamando poder acumular cotas de varias zonas alén da propia flexibilidade das 8C (de Fisterra para arriba e o Cantábrico) e 9A (Fisterra cara abaixo). A xa exigua cota de abadexo fixada para os anos 2024 e 2025 de 70 toneladas para a zona 8C redúcese polo rebasamento no 2023 das posibilidades de captura en so 55,7 toneladas. Co obxectivo de limitar o impacto na frota galega, alegouse ante o Ministerio que a resolución apunta que, en base á evolución dos consumos, se podería engadir a porcentaxe que se determine da cota de España de zonas como a 9A, respectando as necesidades da frota autorizadas nesas zonas. É dicir, a acumulación de ambas posibilidades de pesca para derivar cotas de abadexo non consumidas noutras zonas.
Alfonso Villares resalta que desde a Administración autonómica se leva tempo traballando nunha proposta que leve a racionalizar a determinación de TAC e cotas sobre especies que poden ser estranguladoras da actividade pesqueira e non teñen perigo real de colapso das poboacións. Así, resaltou que a Xunta presentou informes que testemuñan o impacto económico dos recortes nas capturas doutra especie importante para os intereses galegos como o xurelo que alcanzou os 11 millóns de euros polo que desde Galicia se reclama un análise por zonas da situación do recurso para permitir abrir a pesqueira nalgunhas áreas. Cómpre recordar que o ano pasado consumiuse menos do 60% da cota que se podía pescar por parte da frota galega de artes menores, quedando sen utilizar preto de 33.000 quilos.
Desde a Xunta se critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da frota a mellora do estado cos caladoiros comunitarios a pesar dos indicios de sustentabilidade medioambiental que despois non teñen traslado efectivo á propia actividade pesqueira. Tamén se reclama unha revisión da implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non a baixa así como que estas sexan debatidas coas CC.AA. co obxectivo de aportar datos que permitan alzas e novos axustes.




















A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



