Será o 16 de agosto no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 20:30, con entradas a 20€
Burela, 9 de agosto de 2024. O Concello de Burela acollerá un dos concertos do festival Bal y Gay de música clásica na Mariña lucense. Será o que darán a soprano Ruth Iniesta e o pianista Javier Carmena o 16 de agosto.
O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 20:30. Aínda hai entradas dispoñibles, a un prezo de 20€ na páxina web do festival, no enderezo https://entradas.festivalbalygay.com/
O festival está organizado pola Fundación Bal y Gay e comezou no día de onte, 8 de agosto. Desenvolverase ata o día 23 en diferentes puntos repartidos por toda a Mariña.
“Despois do primeiro encontro coral Mariñaencanto, que tivo lugar en Burela en abril da man da fundación Xesús Bal y Gay, é un placer poder colaborar de novo coa fundación nesta XI edición do festival de música clásica”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“É un orgullo contar coa soprano Ruth Iniesta e o pianista Javier Carmena no noso auditorio despois de que actuaran en lugares de referencia da música clásica como a Staatskapelle de Berlín, Musikverein de Viena, Gran Teatre do Liceu, Palau de Lles Arts, Teatro Massimo de Palermo ou o Teatro Regio de Turín”, engade.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


