Ribadeo, 20 de agosto de 2024. En Ove comezan os traballos de arranxo das estradas de Ribadeo. O Plan Avanza Rural destina máis de 315.000 euros a estas melloras, que se acometerán tamén en Remourelle e en Santalla de Vilausende.
O alcalde, Dani Vega, contou que “comezamos cunha inversión importante para seguir investindo nas estradas das nosas parroquias, cun orzamento superior aos 315.000 euros e vamos actuar en distintas parroquias e lugares. Comezaremos na parroquia de Ove, Pastoriza, Frieira A Vella, un tramo de 1,5 quilómetros cun orzamento superior aos 85.000 euros”.
O rexedor dixo que “tamén vamos arranxar nun tramo desde a estrada da Deputación ata o inicio do cruce da Pastoriza, que está destrozado. Hai unha zona aí nese cruce que se inunda e o que vamos facer é arranxar todo ese tramo. Polo tanto, unha inversión importante para arranxar, investir, nunha infraestrutura que é moi transitada e necesita esa inversión”.
Vega seguiu a relatar que “tamén vamos actuar en Remourelle, vamos arranxar Fornos-Pexegueiro e todo o entorno da escola. O orzamento supera, ou practicamente chega, aos 83.000 euros. Son tramos bastante largos, que teñen un deterioro considerable. E tamén necesitamos intervir con urxencia. Non se descarta que actuemos noutras estradas en Remourelle porque hai unha necesidade de comunicación con varias explotacións. Agora vamos actuar aquí”.
O alcalde indicou que “tamén actuaremos na parroquia de Santalla de Vilausende, un orzamento bastante importante, dado que é un tramo bastante largo, que conecta desde a estrada nacional, a que vai a Vegadeo, pero comunícanos con Santalla de Vilausende, a estrada Lourido-Vilausende, cun orzamento de 147.244 euros. O orzamento é importante, é verdade que aquí hai que darlle certamente ancho a dúas curvas, xa que simplemente aglomerando non facemos nada, temos que reforzar todas esas curvas, e desde logo é un orzamento importante, pero era unha das estradas que estaba destrozada, é a que máis circulación ten para comunicar coa nacional, para ir a Ribadeo, e eu creo que era necesario investir”.
Dani Vega subliñou que “estamos falando dun orzamento moi superior aos 315.000 euros, e é unha actuación deste Plan Avanza Rural do que levamos xestionando moito orzamento. Nestes momentos é 100% orzamento Xunta de Galicia. Aquí o Concello aporta moi pouquiño, onde se aporta é dende a Xunta para arranxar as estradas, as vías de comunicación das nosas parroquias”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



