Os traballos afectan a dúas aulas do centro e estarán finalizados antes do inicio do curso escolar
Cariño, 28 de agosto, 2024. O Concello de Cariño iniciou o pasado luns, 27 de agosto, as obras de mantemento no CEIP Manuel Fraga Iribarne. Coa posta en marcha destes traballos, o executivo local busca mellorar as condicións do centro educativo de fronte ao comezo do curso escolar e, así, ofrecer un mellor servizo ao alumnado do municipio.
Concretamente, as actuacións están a levarse a cabo en dous das aulas do colexio, ambas as na orientación sur, que presentaban danos significativos desde hai algúns anos. A actuación céntrase nas paredes de ambos os espazos, que polo desgaste xurdido co paso do tempo presentaban importantes gretas polas que se filtraba auga. O prazo estimado da execución das mellores é dunha semana.
Deste xeito, os traballos estarán finalizados unha vez arrinque o curso escolar e poñerase fin de maneira parcial a unha demanda histórica, pois esta problemática levaba anos vixente, con demandas de actuación por parte da comunidade educativa e sen solución por parte da administración local, encargada do mantemento do centro escolar. “El estado de estas dos aulas no era de recibo para el alumnado. Con esta actuación por fin se ofrecen unas condiciones adecuadas a los escolares”, lamenta a alcaldesa, Ana María López.
A maiores, o executivo dirixido por López ten previsto continuar coas reformas nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne no futuro, xa que tal e como apunta a alcaldesa, “es preciso seguir mejorando las infraestructuras del centro para acabar con las deficiencias”. “El Concello de Cariño, como administración más próxima a la ciudadanía, tiene que hacer todo lo posible por ofrecer los mejores servicios posibles”, expresa a alcaldesa.
Tal e como indica a rexedora, “estas obras forman parte de la puesta a punto que el gobierno local tiene planeada para el municipio”. Los trabajos se unen a otras actuaciones, como las mejoras en las pistas de Igresario y Figueiroa, finalizadas en los últimos días. En la misma línea, la alcaldesa afirma que “se seguirá trabajando para renovar varios puntos del Concello en los próximos meses”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



