Trátase dunha pista de 450 metros de lonxitude que dá acceso ao Polígono Sete Pontes dende a N-634 ao seu paso pola parroquia de Goiriz e cuxo firme se atopaba notablemente deteriorado
Vilalba, 1 de agosto de 2024. O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible atópase traballando na rexeneración completa do firme dunha vía de servizo na parroquia vilalbesa de Goiriz que dá acceso directo ao Polígono Sete Pontes e cuxa necesidade de arranxo fóra trasladada pola alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
En concreto trátase da pista que une a N-634 ao seu paso pola parroquia de Goiriz coa Rúa Castiñeiro, de entrada ao Polígono Sete Pontes. Unha vía dunha lonxitude aproximada de 450 metros cuxo estado de deterioro era notablemente salientable, pois acumulaba varias actuacións de rebacheo que, co paso do tempo, converteran a pista en dificilmente transitable.
“Era unha necesidade urxente á que debiamos dar resposta, pois trátase dunha vía de servizo que soporta bastante tráfico pola súa conexión co noso polígono industrial” sinalou a alcaldesa, Marta Rouco, á vez que salientou “a celeridade e o compromiso do Goberno central co noso municipio, quen atendeu a nosa solicitude a través do Ministerio de Transportes na maior brevidade”.
Ademais, as actuacións, con cargo aos fondos de xestión directa do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, tamén incluíron a limpeza e apertura de cunetas, que permitirá asegurar a conservación do firme de cara á chegada do inverno e as precipitacións.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



