O portavoz, Javier Castiñeira, explica que “a instalación actual que está deteriorada polo paso do tempo e as mareas xa fora solicitada polo anterior goberno do Partido Popular”
Foz, 14 de agosto de 2024. O Partido Popular de Foz está xestionando a substitución do pantalán de piraguas e kayaks que hai enfronte ás instalacións do Club Kayak de Foz porque “está deteriorado polo paso do tempo e as mareas”. O portavoz, Javier Castiñeira, subliña que “no seu día fora xestionada polo anterior goberno do Partido Popular a súa instalación” que supuxo “un equipamento importante para mellorar a seguridade, os accesos e as entradas á auga e á ría”.
Castiñeira explica que “estamos xestionando coa Xunta que o repare ou instale un novo pantalán adaptado ás condicións da zona, moi afectada polas mareas”. De feito, “este equipamento en baixa mar queda en seco. Nos momentos en que non se atopa ben apoiado sufre bastante a infraestrutura”.
O popular avanza que “temos o compromiso da Xunta de Galicia” en relación a este novo equipamento demandado polo Club Kayak de Foz, unha entidade deportiva que merece o noso recoñecemento e apoio polo seu “magnífico traballo: non só coa organización de innumerables travesías, senón tamén coa formación de moitos afeccionados ao kayak. Moitos deles chegaron a ser destacados piragüistas a nivel nacional e internacional”.
Castiñeira destaca “o compromiso do Partido Popular con este equipamento” e lembra que “o PP sempre velou por mellorar as instalacións deportivas de Foz”.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



