Antonio Ameijide e os concelleiros do PP en Lourenzá, Roberto Díaz e Sandra Gómez, comprobaron o gran perigo existente nesta estrada, ao seu paso por Mogo-A Cazolga, xunto a veciños deste lugar que levan meses demandando seguridade
Lourenzá, 20 de agosto de 2024. O mantemento das estradas provinciais segue a ser unha das tarefas pendentes para PSOE e BNG no goberno provincial e un novo exemplo é a LU-P-2804, en Lourenzá, unha estrada é moi empregada polos laurentinos xa que comunica este municipio con Mondoñedo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto aos concelleiros do PP en Lourenzá, Roberto Díaz e Sandra Gómez, e veciños comprobaron “o enorme perigo” que presenta esta estrada ao seu paso polo lugar de Mogo-A Cazolga.
Neste punto, unha das marxes da estrada é un terraplén ao río Masma “unha caída de máis de 20 metros sen ningún tipo de medida de seguridade”. “Non hai ningunha bionda, varanda ou calquera elemento que impida que calquera vehículo caia polo talud con terribles consecuencias”, lamentaron.
Os propios veciños levan dende maio deste ano pedindo ante Concello e Deputación de Lugo que se tomasen medidas urxentes para mellorar a seguridade nesta zona. “A realidade é que os veciños teñen moito medo e non queren ter que agardar a que haxa que lamentar unha desgraza persoal para que PSOE e BNG tomen as medidas necesarias”, sinalou.
Antonio Ameijide tamén pon de manifesto a necesidade de realizar os desbroces nas estradas provinciais ao seu paso por Lourenzá, como pode ser a LU-P-2803, unha estrada que comparte o seu percorrido co Camiño Norte do Camiño de Santiago polo que é moi transitada por peregrinos.
“Vemos como esta estrada tamén está totalmente carente do mantemento necesario, así como do desbroce a mediados de agosto o que evidencia un total deixamento por parte do goberno da Deputación de Lugo”, criticou.
A realidade é que as estradas da rede provincial dan unha imaxe “de abandono” mentres PSOE e BNG dende a Deputación “fan como que non vai con eles o mantemento da rede viaria”.
A maleza das cunetas invade, na maior parte dos casos, a calzada dificultando a visibilidade e poñendo en risco aos usuarios, especialmente en zonas onde se incrementa o volume de tráfico.
É o caso de zonas turísticas da provincia coma A Mariña ou a Ribeira Sacra e tamén doutras que con motivo das patronais reciben máis visitantes. “Que dirán os turistas que nos visitan cando regresen as súas localidades de orixe?”, preguntou o popular.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



