A alcaldesa Carmela López explica que o documento “formula 54 medidas para mellorar Burela, facéndoa máis accesible, máis segura e máis saudable”
Burela, 21 de agosto de 2024. O Concello de Burela presentou ante a veciñanza o seu novo Plan de Mobilidade Sostible. O acto tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca que se trata dun plan “moi pragmático e que resolve os pequenos problemas da nosa vila”. “Con pequenos axustes podemos conseguir moito sen necesidade de facer grandes cambios”, apunta a rexedora.
A alcaldesa subliña que “foron meses de medicións de vehículos, persoas e ocupación de aparcamentos, de realización de enquisas, mesas de propostas, xornadas de portas abertas, reunións… un traballo no que a participación e o diálogo foron factores clave”.
“O Plan de Mobilidade é un documento técnico, froito de varios meses de traballo, que formula 54 medidas para mellorar Burela, facendoa máis accesible, máis segura, máis saudable”, sinala López.
Deste xeito, o documento pretende servir “para a toma de decisións e para ordear as ideas no tempo, de cara a facilitar a boa relación das persoas co seu entorno”, conclúe.
Ao rematar a presentación realizouse unha pequena enquisa entre os asistentes sobre que investimentos consideraban máis urxentes e en que investirían para mellorar Burela.
O investimento considerado máis urxente foi en accesibilidade para persoas maiores e coa mobilidade reducida, seguido dos investimentos en seguridade nos percorridos da rapazada e os entornos de colexios e parques.
O seguinte investimento en nivel de prioridade para os asistentes foi a ampliación da oferta de estacionamento no centro urbano, seguido da mellora da oferta de bus e tren con outros núcleos de poboación e da interconexión dos paseos marítimos a nivel peonil e ciclista.
O vídeo da presentación está dispoñible na canle de Youtube do Concello de Burela, no enderezo https://youtu.be/VcnfoYdXBeg





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



