Foz, 25 de Setiembre, 2024. A Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia da Terceira Idade e Centro de Dia de Foz, diante da opinión pública, en especial aos veciños e veciñas quere manifestar de forma detallada, os motivos polos cales “estamos en total desacordo coa proposta de adxudicación da Alcaldía que se presenta a votación do Pleno este xoves”.

Nota: Ainda que o Estudio de Viabilidade está realizado a sete anos, con este plantexamento de adxudicación, o adxudicatario recuperaría o beneficio de todo o contrato xa no cuarto ano (97,96%), co risco de non cumprir os dous anos de prórroga opcionais se non se lle autoriza un posible reequilibrio de prezos nese momento. Estes datos están publicados no portal de transparencia do Concello.
5.- Partidas incluidas no capítulo de gastos que teñen difícil encaixe como gastos directos ou polo menos moi discutibles e que se trasladan ao 1º Ano:
Conceptos:
Gastos de estructura: 380.654,00 € (54.379,14/Ano)
Esta cantidade que se imputa á actividade do Centro son os gastos comúns dunha empresa. Neste caso, eses gastos xa están incluidos en outros capítulos de gasto xa imputados (alugueres, servizos exteriores, suministros varios, etc.), polo tanto, están duplicados.
Inversiones: 95.125,00 € (80.000,00+15.125,00)
Corresponde a inversións necesarias a realizar nas instalacións debido a deficiencias nas mesmas por un valor de 80.000 € + 15.125 € de intereses de préstamos. O Estudio considera que hai que acudir a un préstamo para poder acometelas. Estas dúas cantidades impútanse directamente sobre as tarifas dos usuarios desde o 1º Ano. A pregunta é: dende cando un usuario dun servicio público ten que pagar do seu peto unha inversión que é necesario realizar nun edificio que non é seu?. Ata onde chega a responsabilidade da empresa que executou a obra do edificio?
Incremento de Plantilla: 263.942,00 (37.706,00€/mes)
Neste estudio de viabilidade contémplase tamén un incremento de plantilla sobre a plantilla actual de Idea de +2 persoas de media (1 recepcionista que non existe nin existiu nunca +2 limpadoras, nos demáis postos hai poucas variacións, todo isto se valora e se inclúe nos custos salariais.
Absentismo: 131.880,00€ (18.840,00€/Año)
Establécese un absentismo do 8% durante todo o período, esto significa que hai que contratar a 2,5 persoas permanentemente e a xornada completa (custe total previsto: 406.020,00€). Ata aí podemos estar de acordo, pero coloúselles non contemplar que grande parte dese absentismo corresponde a ausencias por enfermidade, accidente, maternidade, lactancia, paternidade, etc., e que a maioría das prestaciones as pagan, ben a Seguridade Social ou as Mutuas, polo menos un 75% da base reguladora do traballador. Estas cantidades, pois, non están descontadas no cálculo, que inclue unha valoración económica de 5 persoas ao 100% (+2.5 titulares + 2,5 Contratadas pa suplir esas ausencias).
Tendo realizado una valoración desas prestacións, a nós saénos un resultado de 18.840,00€/Ano = 131.880,00 Euros/Total.
Cobertura Vacacions: 76.055,00€
No mesmo estudio establécese un % para cobertura de vacacións que estima nun 10,81%, o que equivale a ter que contratar a una media de 3,5 persoas por ano e cuantifica os seus custos. Para este concepto consideramos que sería suficiente con tres persoas (31,5*30)/335 = 2,82). O menor custe ascendería a 10.865,00 €/Ano, total 7 anos=76.055,00€,
Incremento Custes (7 anos): 211.141,00€ (Que se trasladan tamén ao 1º Ano do contrato)
Conclusións
Os datos económicos que serviron de base para aplicar unha suba tan brutal e desproporcionada nos prezos das tarifas está baseado nun estudio de viabilidade realizado por unha consultora externa que contén varias partidas de gasto infladas, feitas sen unha análise previa sobre a situación actual da plantilla relacionado coa súa antigüidade e condicións individuais, a cal se ten que subrogar, e que está enfocado, conscientemente, a que os usuarios (tanto os actuais como os futuros) paguen íntegramente dende o primeiro mes o 100% do custe do servizo, teñan ou non capacidade económica suficiente para poder facelo, é dicir, facer que o servizo de Residencia e Centro de Dia deixen de ser un servizo público e pase a privatizarse de vez pola porta de atráis, sen ningún tipo de negociación previa, o cal rexeitamos de pleno.
Afirmamos isto porque, na proposta de adxudicación se contempla textualmente que o Concello non aportará ningún tipo de canon ou contraprestación algunha ao adxudicatario do servizo, sendo as tarifas propostas asumidas íntegramente polos usuarios ou as súas familias, contrario ao que se afirma dende a Alcaldía de que existe unha partida nos presupuestos deste año por 270 mil euros en axudas para aquelas persoas que non dispoñan de capacidade económica suficiente, axudas ás que non poden acceder máis do 90% dos actuais usuarios, tal e como está redactada a actual rrdenanza e á que se negan a modificar para ampliar cobertura social. Abundando nesta cuestión está en trámite unha Ordenanza Reguladora de prestacións públicas de carácter non tributario reguladora dos Servizos de Residencia e Centro de Dia de Foz e que nos entendemos que é obligatorio que se expoña ao público para darnos audiencia aos afectados.
“Desde esta plataforma de afectados queremos dirixirnos a todos os Concellais da Corporación Municipal, especialmente a aqueles que respaldan a proposta da Alcaldía, e aos veciñas e veciños de Foz, que reflexionen sobre a proposta de adxudicación que se vai someter a votación no Pleno deste xoves, o que vai supoñer que a Residencia de Maiores Centro de Dia de Foz pase a ser unha Residencia Privada, co que esto conleva”:
1.- Que a moitos dos nosos maiores, actuais e futuros, todos eles veciñas e veciños de Foz, non poidan acceder á Residencia e Centro de Dia por que os sus recursos económicos non chegarán para facerlle fronte ás tarifas abusivas que se pretenden implantar con esta proposta desproporcionada, que só pretende, tal e como está orientada, a que o concesionario obteña uns beneficios brutais os primeiros anos do Contrato, segundo se puede apreciar na exposición de motivos feita arriba.
2.- Esta proposta de Alcadía vai a permitir que só poidan ocupar praza aqueles maiores vindos de calquera lugar de Galicia que disfrutan de pensións máximas ou aqueles que pertencen a familias acaudaladas con recursos económicos moi elevados, xa que serán os que poidan pagar as novas tarifas.
3.- Non hai que esquecer que nos atopamos diante dun asunto de alto calado social, que existen razóns máis ca suficientes para NON APROBAR a proposta de adxudicación do Contrato presentada pola Alcaldía, ao existir tamén razóns de interese público recollidas, tanto no Pliego de Cláusulas Admvas.Particulares como na Memoria xustificativa, onde se di: “Se trata de proporcionar a los ciudadanos un recurso basado en la prestación de servicios adaptados al colectivo de personas mayores, con la finalidad de lograr la autonomía, el desarrollo personal y la integración en medio social de los mismos, favoreciendo la permanencia de estos en su municipio de residencia….”. Nin que decir ten que a proposta de adxudicación que se presenta a votación do Pleno é totalmente contraria a estes fins.
“Facemos un chamamento para que se faga unha reflexión profunda nesta cuestión antes de tomar unha decisión equivocada, non hai que esquecer ¡que o problema que hoxe ¡temos algúns, mañá poden telo outros ou os seus familiares cercanos”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



