Ribadeo, 4 de setembro de 2024. A sexta edición da Pancha, a moeda local de Ribadeo, prolongarase do 9 de setembro ao 31 de decembro. O Concello porá en circulación 260.000 panchas para trocar nos establecementos adheridos á campaña, que foi presentada esta mañá. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como Mª Esther García, ADL do Concello.
O rexedor declarou que “Ribadeo aposta pola Pancha, Ribadeo aposta pola moeda local para apoiar o comercio local, o comercio de proximidade. Vamos poñer en circulación 260.000 panchas para cambiar nos establecementos comerciais, tamén na hostalería do noso concello, que se adhiran á campaña. Polo tanto, estamos apostando polo comercio local, polo comercio de proximidade”.
Vega lembrou que “partíamos dun orzamento de 55.000 euros, subimos a 85.000 euros, hai un incremento orzamentario, dado que firmamos un convenio coa Xunta de Galicia de 20.000 euros. Ese incremento favorece ao comercio de proximidade. Recordade que por cada 30 euros recibiredes 40 panchas. A partir do día 9 de setembro, outra importante noticia, ides poder xa comprar coa moeda local, coa pancha, polo tanto tamén é un momento moi oportuno para investir todo ese reforzo económico que trae a pancha, no material escolar”.
Para o alcalde ribadense “deste xeito estamos dando unha axuda a moitas familias que sabemos que costa verdadeiramente o inicio do curso. Por iso quixemos empezar antes e apostar, evidentemente, polas familias. Creo que son boas noticias. Estamos facendo as cousas con moito esforzo, evidentemente, porque o diñeiro é un ben escaso, e nas administracións cústanos moito, pero queremos investilo nas familias, queremos investir nas persoas”.
E engadiu: “creo que incrementar o orzamento posibilita tamén incrementar o tempo adiantarnos a setembro, a partir do nove xa empezar a consumir con panchas e así tamén hai unha xuda agora do inicio do curso escolar. E incrementando o orzamento tamén estamos, evidentemente, apoiando o comercio local, o comercio de proximidade, o comercio tan bo que temos en Ribadeo”.
Marta Saiz, a concelleira de Comercio, subliñou que “o prazo de adhesión á campaña para o pequeno comercio de Ribadeo da comezo hoxe e prolongarase ata o 16 de setembro. Os negocios interesados, que cumpran cos requisitos indicados nas bases da campaña, poden adherirse a través da ligazón www.pancharibadeo.gal”.
A edil ribadense dixo que “os consumidores poderán realizar compras coa pancha desde o 9 de setembro ata o 31 de decembro. A partir desa data a moeda local de Ribadeo deixará de ter validez e non será reembolsable”.
Saiz lembrou que “as características da campaña mantéñense polo que por cada 30 euros obteranse 40 panchas. Cada persoa poderá adquirir un máximo de 400 panchas. E o límite de panchas que se poden gastar en cada compra este ano amplíase a 150, a partir desa cantidade a diferenza deberá abonarse en euros”.
A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou: “parécenos importante desde Acisa Ribadeo que a campaña da Pancha se inicie xa a vindeira semana para aproveitar as compras da volta ao cole. Era algo que demandaba a veciñanza e tamén as tendas desde hai tempo”.
Cruzado considera que “se trata dunha campaña moi agardada polo tecido empresarial ribadense, polo que supón para a súa dinamización económica durante estes meses, de setembro a decembro. Vimos dun verán intenso e moi bo e metémonos no outono-inverno, no que a Pancha é dunha grande axuda para os establecementos adheridos e tamén para a súa clientela. Animamos aos nosos asociados e asociadas a adherirse a esta sexta edición da campaña da Pancha, que comeza nuns días e que se prolongará ata finais de ano”.
E o xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “nesta nova edición das Panchas, tal e como vimos facendo sempre dende Acisa Ribadeo, ofrecemos asesoramento e apoio a todo o empresariado que así o precise, e por suposto os veciñas e veciños que o necesiten. Con motivo desta nova edición das Panchas, prestaremos apoio e asesoramento tanto ás empresas, no proceso de adhesión dos negocios, como á clientela tanto na compra como na descarga das Panchas. Para elo calquera interesado poderá pasar polas oficinas de Acisa ou ben poñerse en contacto con nos”.
A campaña da Pancha está promovida polo Concello de Ribadeo, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Acisa.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



