O delegado territorial visitou un dos establecementos adheridos, situado en Outeiro de Rei, onde lembrou que poden seguir sumándose novos negocios ata o 2 de decembro
Outeiro de Rei, 25 de setembro de 2024. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, animou hoxe aos usuarios do Bono Turístico da Xunta a que o empreguen nalgún dos 79 establecementos de toda a provincia participantes na campaña. Remarcou que ata o próximo 2 de decembro poden seguir sumándose novos negocios.
Arias visitou en Outeiro de Rei un dos aloxamentos adheridos, Casas da Fortaleza, onde destacou o éxito da cuarta edición desta iniciativa, que esgotou en 15 días os 16.666 bonos dispoñibles.
Remarcou que o obxectivo é axudar a desestacionalizar a demanda turística, polo que o período no que os beneficiarios poden empregar os descontos abrangue dende o 10 de setembro ata o 25 de decembro.
Os bonos están en formato de código QR e teñen un importe de 150 euros cada un, cofinanciados nun 40% pola Xunta en nun 60% polos particulares. Na páxina web bonoturismo.gal pódese consultar toda a oferta, formada por case 470 hoteis, casas de turismo rural, campamentos, apartamentos turísticos, vivendas e albergues turísticos repartidos por toda Galicia.
“Nas edicións anteriores comprobamos que este programa supón unha inxección importante para o sector e para economía das zonas nas que están os negocios inscritos”, dixo Arias.
Na mesma liña, destacou o impacto positivo doutras campañas en marcha como o 18º Outono Gastronómico de Turismo Rural, tamén impulsada pola Xunta para dinamizar o sector nesta época do ano. Os consumidores teñen ata o 15 de decembro para desfrutar das promocións en 77 establecementos galegos, 23 deles lucenses. Toda a información está dispoñible na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



