O goberno local compareceu na mañá de hoxe ante os medios para valorar o balance final da tempada na que se recadaron máis de 27.200 euros
Vilalba, 20 de setembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, informou hoxe en rolda de prensa dos datos de final da tempada das novas piscinas municipais exteriores da área recreativa da Madalena, inauguradas no pasado mes de xuño e que rexistraron máis de 10.000 usuarios e usuarias durante a época estival.
Nesa liña, a rexedora, Marta Rouco, valorou moi positivamente uns datos que reflicten “unha media diaria de máis de 100 persoas, que evidentemente se chegou a triplicar nos días de máis calor, nos que se superou o aforo e se tiveron que establecer colas de agarda para poder acceder ás piscinas”.
En consecuencia, “as novas piscinas da Madalena deron como resultado un retorno económico que superou os 27.200 euros; é dicir, unha recadación media diaria de máis de 290 euros”, afirmou Rouco, quen aproveitou a ocasión para “amosar o noso agradecemento pola boa acollida que tiveron as novas piscinas e por todos aqueles comentarios positivos que recibimos ao longo deste verán”.
Así pois, a rexedora vilalbesa tamén fixo saber que o goberno local “é coñecedor das pequenas incidencias que puideron producirse ao longo da tempada e de todas aquelas suxestións que os veciños e veciñas nos foron facendo por diversas canles, as cales estudamos e nas que xa traballamos ao longo da tempada”.
Pola súa banda, Marta Rouco estivo acompañada polo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, quen, ademais de sumarse á valoración positiva feita pola rexedora, adiantou “está previsto ampliar o perímetro da infraestrutura e polo tanto sumar máis espazo verde e de sombra ás piscinas para que, á súa vez, se poida ampliar o aforo das instalacións en 40 ou 50 persoas”.
Ademais, á rolda de prensa celebrada na Casa da Cultura tamén acudiu a concelleira de Deportes, Paula Vigo, quen reafirmou as palabras dos seus compañeiros e a valoración positiva das piscinas, á vez que explicou que tamén se están “analizando as esixencias e as necesidades que suporía levar a cabo algún tipo de actividade dirixida na auga, como por exemplo aquagym, para poder implantala nas horas de menor aforo e dinamizar deste xeito o espazo”
Finalmente a alcaldesa, Marta Rouco, reiterou o seu agradecemento “ao equipo de goberno, á anterior alcaldesa, Elba Veleiro, que foi clave para sacar este proxecto adiante, a todos os traballadores municipais e a todos os vilalbeses e vilalbesas que confiaron nesta nova infraestrutura e se animaron a visitala para gozar do verán na nosa vila”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



