Ribadeo, 2 de setembro de 2024. Case 46.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo entre o 1 de xuño e o 31 de agosto. Un dos datos máis salientables deste verán é o aumento das pernoctas, que se situaron 7 puntos por enriba de 2023. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, fai un balance moi positivo da tempada estival.
A edil ribadense contou que “Ribadeo segue a consolidarse como destino de referencia na España verde cun aumento do turismo internacional e as pernoctas. En total preto de 46.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xuño, xullo e agosto”.
Marta Saiz relatou que “en agosto as oficinas acadaron cifras récord: 25.750 consultas realizadas. A do centro da vila prestou información a 9.750 persoas e o punto de información da praia das Catedrais a 16.000 visitantes”.
A concelleira de Turismo subliñou que “un dos datos máis salientables deste verán é o aumento das pernoctas no concello de Ribadeo, posto que un 37 % do total de visitantes durmiron aquí, son 7 puntos máis que o ano pasado. Boa proba disto é que os nosos aloxamentos acadaron un 95% de ocupación en agosto”.
Sobre a procedencia dos visitantes chegados a Ribadeo Marta Saiz explicou que “no tocante ao turismo de procedencia estatal, Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana e Euskadi seguen a ser os principais emisores. Con respecto ao turismo internacional, os datos da oficina do centro fálannos dun 10.9% do total das visitas, case 4 puntos por riba do ano pasado, en comparación cun 21,8% no punto de información da praia de as catedrais, o que supón un aumento de 5 puntos con respecto ao ano pasado, nesta oficina. Francia, Italia, Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Reino Unido son as principais procedencias”.
A edil dixo que “moi relevante é o número de viaxeiros que nos chegan por mar e empregan os 21 amarres de tránsito dos que dispón o Real Club Naútico de Ribadeo. En agosto utilizaron estas prazas un total de 183 embarcacións, destes un 80% son estranxeiros procedentes de Francia, Inglaterra e Holanda, mostrando o atractivo e calidade deste porto ribadense. Con respecto aos peregrinos, o Camiño de Santiago do norte segue a ter tirón, notando por outra banda un gran interese pola variante do Camiño do Mar, pasando pola oficina do centro uns 300 camiñantes”.
Saiz engadiu: “por último, agradecer infinitamente o traballo do persoal das oficinas de turismo, así como ao sector privado polo esforzo que leva realizando todos estes meses, que non foi pouco. Entre todos e todas contribuímos a acadar un destino turístico de vangarda”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



