A alcaldesa quixo agradecer o gran traballo das monitoras e voluntarias “pola súa implicación e entrega durante todo o verán, un traballo fundamental que é chave no éxito do programa”
Cervo, 10 setembro de 2024. O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa Cervo Concilia, que se desenvolveu ao longo do verán ata o inicio do novo curso escolar que terá lugar este mércores, no que participaron máis de 150 nenos e nenas, cubrindo ao 100% a demanda existente.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañou aos rapaces neste día no que tamén desfrutaron dunha divertida Festa da escuma na Praza dos Campos.
O programa Cervo Concilia, que é xa un clásico do verán cervense, está dirixido aos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como teatro, ioga, surf, kaiak, rutas de sendeirismo…Tal e como apuntou a rexedora “Cervo Concilia pretende ser moito máis que unha simple alternativa ás vacacións escolares, constrúese sobre unha axenda variada, chea de actividades que fomentan o desenvolvemento persoal das crianzas” desde deporte, talleres creativos e actividades ao aire libre, ata programas educativos que reforzan valores como o traballo en equipo, o respecto pola contorna e a solidariedade.
A alcaldesa puxo de manifesto que o obxectivo do programa “non é só ofrecerlle ás crianzas un espazo seguro de aprendizaxe e diversión, senón tamén, e fundamentalmente, “contribuír de xeito significativo á conciliación da vida familiar e laboral”. Somos conscientes –engadiu- que a conciliación é un dos grandes desafíos aos que se enfrontan moitas familias na nosa sociedade actual, os meses de verán poden supoñer un auténtico reto para moitas delas, porque as obrigas laborais non se deteñen. Por elo –subliñou- tratamos de ofrecer e buscar solucións como o Cervo Concilia, que permitan ás familias estar tranquilas, sabendo que os seus fillos están nunha contorna segura e enriquecedora.
A alcaldesa quixo agradecer ao equipo humano formado por 10 monitoras e 11 voluntarias “porque o seu traballo é fundamental para garantir o éxito do programa cun labor e dedicación chave para que as crianzas se divirtan ao tempo que aprenden, interactúan cos seus compañeiros, fan novas amizades e viven experiencias que, seguro, recordarán durante anos”.
E tamén ás familias por confiarnos un ano máis –apuntou- aos seus nenos e nenas durante estas semanas “desde o Concello seguiremos impulsando este tipo de iniciativas para axudar a equilibrar a vida laboral e persoal”



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



