Ribadeo, 11 de setembro de 2024. Coa entrega de diplomas rematou hoxe o obradoiro de emprego Tecendo coidados dos Concellos de Barreiros e Ribadeo. 16 persoas recibiron formación durante 12 meses. O acto desenvolveuse no CFEA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “remataron os obradoiros de emprego, concretamente o que levaba por título Tecendo coidados, que organizamos e traballamos conxuntamente co Concello de Barreiros. Creo que é un éxito, primeiro que dúas administracións, que dous Concellos se unan para traballar nun plan formativo e que teña capacidades de empregabilidade”.
O rexedor contou que “neste caso, 16 persoas formáronse en especialidades de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais e tamén en atención sociosanitaria para persoas dependentes durante estes 12 meses. Ao longo do desenvolvemento do obradoiro realizáronse diferentes actividades: atención sociosanitaria para persoas dependentes en distintas institucións ao servizo do apoio ás familias. Estamos a falar tamén da nosa residencia, xa que moitas fixeron aí certos traballos que creo que foron moi importantes e tamén hai un futuro, hai unha empregabilidade nos futuros meses. Tamén se traballou durante todo este período non soamente atendendo o que ten que ser coidado, senón ao coidador. Creo que é moi importante un obradoiro que pensa na persoa”.
Vega seguiu a relatar: “tamén se fixeron actividades culturais, apostouse pola creación de bibliotecas no rural, tamén se traballou no Círculo Habanero para a posta en marcha desa biblioteca indiana, traballouse, colocáronse todos os libros e toda a documentación. Creo que se fixo un bo traballo e é unha experiencia laboral. Evidentemente agora hai que buscar o emprego, con esa vocación nacen os obradoiros e desde logo, a Xunta apostou e aposta”.
O alcalde subliñou que “foron 400.000 euros de financiamento. Os Concellos de Barreiros e Ribadeo vense beneficiados total e absolutamente dunha acción formativa que ten ese significado, que ten esa vocación, a empregabilidade e polo tanto vaise traballar”.
Dani Vega anunciou que “nos vindeiros meses darán comezo outros dous programas de emprego que están chamados tamén á empregabilidade. Un titúlase Mais Emprego e o outro Constrúe en verde. Van participar un total de 36 persoas, alumnas, alumnos e traballadores que teñen esa vocación de buscar unha saída laboral e tamén vamos seguir colaborando co Concello de Barreiros”.
O acto de entrega de diplomas contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, da directora territorial de Emprego, Carmen José López, da concelleira barreirense, Montse Porteiro, do alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e do director do CFEA Pedro Murias, Manuel Valín.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



