O acto tivo lugar aproveitando a estadía que a expedición do país galo e está a pasar estes días no concello ribadense. O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento “para a asociación organizadora desta visita e tamén para Sargadelos, por esta espectacular placa que xa loce no Miradoiro Loctudy/Loktudi”. O rexedor lembrou que “Loctudy e Ribadeo teñen moitas similitudes” e agarda que “ambos concellos sigamos afondando nos lazos que nos unen desde hai anos”.