Recorda que Galicia é a única comunidade autónoma con todo o ensino gratuíto, desde infantil á universidade
Viveiro, 12 de setembro de 2024. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe unha reforma do financiamento autonómico que se acometa “canto antes”, nun marco multilateral e que estea dotada cos recursos suficientes para cubrir o custo de prestación de servizos que deben afrontar Galicia e o resto de comunidade autónomas.
Así o sinalou hoxe durante a súa participación nos Encontros no Eo, organizados por La Voz de Galicia, e no que mantivo un debate co seu homólogo no Principado de Asturias, Adrián Barbón.
Rueda precisou que “ningunha comunidade estamos suficientemente financiadas”, polo que avogou por un modelo que se basee nas necesidades de gasto, “porque o que importa é o que custa a prestación de servizos aos habitantes do territorio”, non o investimento per cápita. Neste sentido, recordou o impacto que teñen factores como o envellecemento ou a dispersión na prestación de servizos en comunidades como Galicia.
O presidente galego insistiu en que a reforma non pode pasar por unha “suba de impostos” que repercuta en empresas e cidadáns, e reafirmou a necesidade de que sexa froito da multilateralidade –“teremos que sentarnos entre todos”- e que manteña como principios os valores da solidariedade e o equilibro territorial en todo o país.
Turismo e industrialización
No encontro, tamén abordaron o estado do turismo en ambas comunidades. O presidente galego puxo en valor o turismo como un sector “estratéxico” e “tesouro compartido” con Asturias. Fixo fincapé no seu peso económico -representa máis do 10% do PIB da comunidade- e no nivel de emprego que xera. Durante a súa intervención, rexeitou a turismofobia que, apuntou, “non representa á maioría dos galegos”. “Se o facemos ben, aquí cabemos todos”, engadiu, e recordou que Galicia está tomando iniciativas á hora de regular fluxos de visitantes, desestacionalizar, desconcentrar e apostar, en xeral, por un turismo sostible.
Ademais, defendeu as “enormes oportunidades” que ten Galicia para aproveitar a industria “do futuro”. Por iso, amosou a súa preocupación pola paralización de certos sectores, como o eólico, que lastran este crecemento. Neste sentido, tamén reivindicou a necesidade de que o Goberno central mobilice os fondos europeos destinados á industria para financiar proxectos transformadores da economía.
En canto á enerxía eólica e eólica mariña, defendeu a capacidade da comunidade, tanto a nivel industrial como de recursos naturais, para ser un referente nestes sectores. En concreto, sobre a eólica mariña, incidiu en que constitúe toda unha “oportunidade” sempre que estea regulada e sexa compatible co sector pesqueiro.
Na súa intervención, fixo fincapé na importancia do sector primario, no que Galicia é líder en moitos aspectos, como no lácteo, e sinalou a necesidade de seguir avanzando no remuda xeracional para garantir que se manteñan abertas explotacións que son viables, así como na transformación dos produtos co obxectivo de que o sector sexa cada vez máis rendible.
Grandes proxectos de lexislatura
Por último, ambos presidentes fixeron un repaso polos grandes proxectos da lexislatura. Coincidindo co inicio do curso, Rueda destacou que este é o primeiro ano no que a educación en Galicia será “absolutamente gratuíta”. De feito, é a única comunidade autónoma con todo o ensino gratuíto, desde a infantil á universidade, logo de que se implantase por primeira vez a matrícula gratuíta nos estudos superiores, o que suporá un aforro medio de 3.000 euros por alumno.
En canto á demografía, destacou a evolución positiva do censo na Galicia dos últimos anos e puxo en valor iniciativas como a Estratexia Retorna, que está permitindo a volta de moitos galegos do exterior.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



