¿Qué parte de “non viñemos para estar, senón para facer” non entenderá o grupo do Bng?
Non sabemos se non entenden ou non comprenden pero e que ultimamente todo lles cheira e nada lles vale.Agora tamén teñen problemas coas actividades que se organizan para os nosos maiores. ¿Qué ten de malo a actividade Pasos de Sabiduría? Unha actividade os domingos, moi demandada por certo, e na que se reúnen moitas persoas para falar, bailar ou simplemente tomar un café e pasar unha tarde do domingo acompañados en vez de estar, en moitos casos, solos na casa mirando para un televisor ou durmindo.
¿E qué ten de malo celebrar o Día do Xubilado? Celébranse outros moitos días no ano, ¿por qué non o Día do Xubilado? ¿Acaso o Bng considera que non o merecen? Unha xeración que traballou arreo toda a súa vida, que sacou familias enteiras adiante, que coidaron a pais e criaron os fillos e que seguen axudando na crianza dos netos, ¿acaso non merecen un día para eles?
Todos os concellos, goberne quen goberne teñen o Día do Xubilado, bueno…todos menos Ribadeo que, como tantas outras cousas, tamén o deixaron morrer. Debía dar moito traballo organizar e xa se sabe que o traballo para o Bng… inventouno o demo!!
Para nós non é traballo, para iso viñemos, e ademais organizamos con moito gusto, con moito cariño e con moito orgullo de pensar en todos. Pensamos nos máis pequeniños, na mocidade e por suposto nos nosos maiores.
Traballamos para que Ribadeo teña unha ampla oferta de actividades e que cada quen poida escoller a onde ir e a onde non, porque temos que recordarlle ó Bng que nós non levamos a ninguén a ningures. Nós non levamos de noite para o parque ós usuarios da residencia sacar a foto no acendido do alumeado do Nadal, que ten moi mala memoria o Bng… Iso SÍ é utilizar e manipular.
Nós organizamos actividades as que vai quen quere e cando quere e por suposto que vamos seguir facendo cousas. Por moito que o Bng se empeñe, Ribadeo non vai morrer. Sabemos que lles escoce moito, o hinojo e a menta poleo son moi bos para os ardores.
En fin, nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



