Carne de porco celta en hamburguesas e croquetas e empanadillas elaboradas no polígono barreirense maridarán na degustación do domingo con cervexa artesá, fabricada en San Xusto
Barreiros, 11 de outubro de 2024. O concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.
A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado”.
“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de coñecer novos produtos como croquetas, empanadiñas e mesmo cervexas recén saídas das liñas de produción”.
A Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, representados por Nando López, e a Cervexería Artesá Augas Santas, producida no San Xusto natal de Marcos Martínez, xuntarán sinerxias e sabores o vindeiro domingo para poñer a disposición das persoas que visiten o mercadiño de outono produtos fabricados no propio concello con materia prima tamén barreirense.
Ana Ermida sinala o valor de “produtos que teñen o ciclo completo na nosa comarca e no noso concello: desde a produción de carne de porco celta, como a da explotación de Nando ou mesmo as do noso concello, como en Cabarcos, ata o seu procesamento para convertela en croquetas ou empanadiñas no polígono industrial de aquí. E o mesmo acontece coa cervexa, que utiliza na súa base auga do Santo Estevo e realiza o seu procesado nas instalacións situadas en San Xusto”.
A rexedora agradeceu a colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a súa aposta por Barreiros, aposta que comparte con estes produtores dos que valorou o seu traballo como “a mellor carta de presentación que podemos ter para o noso concello, onde o traballo das súas xentes sempre foi un símbolo do que nos sentimos moi orgullosas. E máis cando se trata de xente nova que aposta por implantar proxectos de futuro no seu propio concello”, asegurou.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



