O Pleno municipal, a excepción do Partido Popular, posicionouse en contra desta medida impulsada pola Xunta, que suporá un incremento do recibo do lixo de ata o 100% do mesmo
Barreiros, 8 de outubro de 2024. O pleno municipal de Barreiros debatía na noite de onte dúas mocións promovidas polo PSdG-PSOE e o BNG para rexeitar a suba do canon de SOGAMA que os concellos terán que asumir no ano 2025. O Partido Popular votou en contra de ambas.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que a realidade é que “con motivo dunha mala xestión da Sociedade Pública SOGAMA, participada maioritariamente pola Xunta de Galicia, os Concellos ven como desde o ano 2023 ao ano 2025 o recibo do tratamento de lixo se incrementa practicamente nun 100%.” No caso de Barreiros, explicou, “o Concello pasará de pagar no 2023, 56€ por tonelada (xa que se beneficiaba dunha bonificación sobre o prezo de 68€ establecido pola entidade) a pagar no 2025, no mellor dos escenarios, 95€ por tonelada, cun prezo establecido de 108€ por tonelada”.
Ana Ermida fixo fincapé en que o problema de fondo é que o tratamento do lixo neste País responde a un modelo de negocio e obsoleto, no que se prima a incineración, porque con ela obtense enerxía que se vende no mercado, tendo en conta a participación dunha empresa eléctrica na propia SOGAMA. “Por iso, cando a sociedade daba beneficios non se fixeron esforzos por mellorar ou actualizar o modelo cara a unhas directrices que levan anos emitíndose a nivel europeo”, asegurou, facendo referencia a unha directiva europea do 2008. “É un problema de xestión: pola mala xestión de SOGAMA, participada nun 51% pola Xunta, agora pagamos os pratos rotos os Concellos e, con eles, a veciñanza que, por lei, ten que ver repercutida esta suba nos recibos”, aseverou a alcaldesa.
A alcaldesa manifestou tamén a decepción polo posicionamento do Partido Popular, que segue o argumentario que lle facilitan desde o seu partido en lugar de poñer por diante os intereses da veciñanza; sinalando a hipocresía de “anunciar e executar baixadas de impostos ás rendas máis altas, como o imposto sobre o patrimonio, mentres obrigan aos Concellos a subir taxas que afectan a todo o mundo por igual”.
No debate, a alcaldesa lembrou que o ingreso que se anunciou por parte da Xunta para o 2025 tomará como referencia a poboación, co que iso implica de disfuncionalidade en Concellos coma Barreiros, nos que a poboación de feito e de dereito difiren substancialmente.
Ana Ermida, fixo tamén un repaso das actuacións levadas a cabo na FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), de cuxa executiva forma parte, que xa se ten manifestado contraria de xeito unánime á suba do canon aprobada no seu momento para o 2024 e que traballa sobre esta información para o 2025 que, a efectos prácticos, vén a agravar aínda máis a situación financeira dos municipios.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



