A Mariña 6 de outubro 2024. Na mañá de hoxe, a deputada Sonia Vidal, responsable no grupo parlamentario do BNG dos temas de Agricultura, Gandeiria e Industrias Agroalimentarias e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García xunto tamén co parlamentario mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga, a vicepresidenta da mancomunidade e alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, representantes do BNG en Lourenzá coa concelleira Belén Fanego e o responsable local, Anxo Fernández, á cabeza participaron da Festa da Faba e mantiveron conversas con produtores e produtoras e cos responsables da IXP Faba de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña, cos que puideron contrastar a situación de produtores e produtoras nun ano complexo como foi este.
Desde o BNG destacan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e comarca, e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser estratéxicas “porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país” manifestou Sonia Vidal que engadíu que o traballo ao longo destes anos dos produtores e produtoras, da cooperativa e de integrantes da IXP deu os seus frutos en moitos ámbitos, coma no cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible, entre eles a creación de emprego, nunha comarca que leva unha década marcada pola constante sangría de perda de postos de traballo, agravada pola crise industrial e o imprevisible futuro que lle agarda a sectores coma a pesca.
Niveis de renda dignos para a producción agraria
Para o BNG e no que ten a ver xa co Plano Estratéxico da PAC do período 2021-2027 é necesario tamén asegurar niveis de renda dignos á producción agraria e estabilizar os mercados dos produtos agrarios e equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentaria, así como reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria posibilitando que as áreas periféricas coma Galiza poidan desenvolver a súa capacidade produtiva.
Os nacionalistas expuxeron tamén a necesidade de que no centro das políticas agrarias estean as persoas que viven no medio rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, para que obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



