Rubén Lorenzo afirmou que “a maioría silenciosa dos galegos non aceptan o discurso de BNG e PSdeG contra unha Galicia reindustrializada dun xeito sostible”
Santiago de Compostela, 8 outubro 2024. O portavoz de Industria do Grupo Popular, Rubén Lorenzo, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas, das españolas e das galegas, normas que son das máis respectuosas co medio ambiente de todo o mundo”. Neste sentido, incidiu que “o proceso de tramitación ambiental no que se atopa o proxecto é a garantía de que a Xunta só respaldará a implantación de novas actividades económicas no territorio que sexan compatibles co decidido impulso ao sector primario galego”.
Rubén Lorenzo criticou que “destacados dirixentes tanto de BNG como do PSdeG reclamaban con vehemencia nos anos 2021, 2022 e 2023 o proxecto da biofábrica para o seu municipio” e anotou que “o motivo do seu cambio de criterio non é outro que o resultado das eleccións do pasado mes de febreiro”. “Asúmano: a maioría silenciosa dos galegos non aceptan o seu discurso contra unha Galicia reindustrializada dun xeito sostible”, manifestou.
EUCALIPTO SUFICIENTE
Na súa intervención, o portavoz popular negou que o proxecto de Altri vaia supoñer a eucaliptización de Galicia. Así, explicou que “na Comunidade galega córtanse cada ano 6 millóns de metros cúbicos de eucaliptos, dos que máis de dous millóns se transforman en Galicia e os outros catro saen fora como madeira de rolla, sen ningunha transformación”. “Altri transformaría 1,2 millóns de metros cúbicos de eucalipto, polo que en Galicia existe recurso máis que suficiente para atender ás industrias que pechen o ciclo e deixen o valor engadido na Comunidade galega”, apuntou.
Respecto do impacto deste proxecto sobre os recursos hídricos de Galicia, Rubén Lorenzo dixo que “incorpora tecnoloxía innovadora para o aproveitamento eficiente da auga captada, polo que a dispoñibilidade de auga para outros usos na comarca da Ulloa estaría plenamente garantida”.
Para rematar, o portavoz popular lamentou que “entre tanta desinformación, estamos perdendo unha gran oportunidade para falar do verdadeiramente importante: o cumprimento das normas vixentes e a oportunidade que temos de reindustrializar o noso país”. “Vostedes poden defender o que queiran, poden seguir enlamando e intoxicando sen límites morais nin éticos, pero o que non deberían facer, por respecto e dignidade ao noso país, é seguirlle mentindo á sociedade galega”, rematou Rubén Lorenzo dirixíndose aos deputados do BNG e do PSdeG.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


