“Unha moi boa nova e impulso á promoción da nosa gastronomía, formar parte desta rede consolida a nosa posición como destino turístico internacional”, sinala a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 29 de outubro de 2024. O Ministerio de Industria e Turismo notificou aos concellos implicados no proxecto ‘Spain Culinary Villages’, entre eles Viveiro, a aprobación dunha achega de 581.000 euros para a posta en marcha da iniciativa.
O proxecto, que contará con fondos europeos, inclúe a varios municipios de España pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de impulsar o seu turismo gastronómico e sostible.
No caso de Viveiro, as xestións para formar parte da rede realizounas a alcaldesa, María Loureiro.
Os concellos que forman parte da rede son Ezcaray (A Rioxa), Alcalá del Valle (Andalucía), Viveiro, Moratalla (Murcia) e Parrés (Asturias).
“A nosa gastronomía é un dos moitos atractivos da nosa vila, cunha ampla oferta culinaria de gran calidade. Pertencer a esta rede consolida a nosa posición como destino gastronómico a nivel internacional”, sinala María Loureiro.
O proxecto ‘Spain Culinary Villages’ desenvolverá diferentes actividades e iniciativas nos concellos da rede para promocionar a súa gastronomía.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



