Os populares coinciden en condenar “a falta de compromiso e vontade política” por parte do “PSOE e Sánchez” cunha infraestrutura que vertebraría a comarca da Mariña
A Mariña, 23 de outubro de 2024. Os populares condenan “a falta de compromiso e vontade política” por parte do “PSOE e do Goberno de Sánchez” cunha infraestrutura que vertebraría a comarca da Mariña como é a autovía A-74.
Á vista das respostas escritas ás preguntas dos deputados nacionais e senadores do PP lucense, o Goberno de España confirma en documentos oficiais que “os tramos da A-74 están exactamente igual que os deixou o Goberno de Mariano Rajoy” e, á vista do estado da tramitación dos diferentes tramos, “Besteiro mentiu aos mariñáns cando prometeu a contratación das obras neste 2024”.
Segundo valora o senador mariñán, José Manuel Balseiro, “o PSOE nos últimos 6 anos, desde que goberna en España, non moveu nin unha soa coma no proxecto da autovía que uniría Barreiros e San Ciprián”, tal e como relata o Executivo na súa resposta.
O deputado no Congreso pola comarca, Jaime De Olano, explica que “o tramo Barreiros – O Carme está pendente de ser sometido de novo a información pública, O Carme – Foz está en redacción tendo en conta as alegacións do anterior expediente, Foz – Burela en redacción e o tramo Burela – San Ciprián sin sequera se sacou a licitación a redacción do proxecto”.
FALTA DE VONTADE POLÍTICA E MENTIRAS EN CAMPAÑA DO PSOE
Balseiro considera “preocupante” a “falta de vontade política do Goberno e do PSOE por axilizar esta autovía” á vista de que “supeditan o inicio das obras á tramitación dos proxectos restantes, ás alegacións que se presenten, á dispoñibilidade orzamentaria e ás prioridades que lle asignen”.
O senador popular incide en que “o Executivo estatal non avanzou na construción dun só quilómetro, nin nos trámites administrativos, nin executou os preto de 4 millóns de euros que deixara consignado no 2018 o Goberno de Mariano Rajoy para executar as obras dun tramo; e tampouco foi capaz de executar os 500.000 euros por tramo consignados nos Presupostos Xerais do Estado polo propio Goberno de Sánchez”.
Ademais, afea que “o Goberno non concrete se ten previsto ou non poñer en servizo algún tramo nesta lexislatura”.
De Olano cre, pola súa banda, que “á vista do estado de tramitación -pendentes de ser sometidos a información pública os proxectos dos primeiros tramos e, despois, de resolver as alegacións-, as obras non se iniciarían, polo menos, ata finais do ano 2025”.
O deputado do PP no Congreso incide, nese sentido, en que “o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mentiu aos mariñáns” cando “en xullo do 2023, durante a campaña electoral para as eleccións xerais nas que encabezaba a candidatura do PSOE por Lugo, anunciaba o compromiso de Pedro Sánchez para contratar as obras da A-74 neste ano 2024”.
Deste xeito, “Sánchez rectifica unha vez a palabra de Besteiro” e deixa en evidencia que “ten outras prioridades” que non son “nin a provincia de Lugo en xeral e nin A Mariña en particular”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



