Elena Candia, Adrián Vázquez, María José Gómez e Alfonso Villares abriron o encontro coas súas intervencións ante uns 700 asistentes
Lugo, 27 de outubro de 2024. O PP lucense volveu reunirse para compartir a tradicional pulpada na que participaron uns 700 amigos, afiliados, simpatizantes de distintos concellos da provincia que “nos recordan, como cada día, o enorme caudal de confianza que ten o Partido Popular na provincia de Lugo, un partido forte, con resiliencia e que sempre está á altura das circunstancias”, segundo subliñou a presidenta provincial, Elena Candia.
Durante a súa intervención agradeceu a mobilización do partido, a pesar de que non hai citas electorais á vista, o esforzo por asistir a este “encontro distendido e de ocio que tamén serve para afianzar o partido e os seus valores”; así coma “o traballo de todos os 365 días do ano”: afiliados e colaboradores, alcaldes e concelleiros, deputados e senadores e representantes do Goberno galego.
De feito, tamén participaron o eurodeputado Adrián Vázquez e os responsables de Medio Rural e Mar do Goberno galego, os lucenses María José Gómez e Alfonso Villares. “O presidente Rueda non puido estar presente, pero está a traballar por Lugo”, segundo defendeu Candia. “Ten prevista unha reunión sobre a candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio mundial co embaixador delegado permanente de España na Unesco, Miquel Iceta”, engadiu.
Candia puxo en valor que “son dous os lucenses que veñen do municipalismo e que están no Goberno autonómico á fronte de dúas áreas importantes para a provincia coma o medio rural e o mar” e pediulles que leven ao Goberno galego o que aprenderon nos seus respectivos Concellos: “que a resposta ás necesidades da xente non entende nin de burocracia nin de tempos. O servizo público apréndese na política local”, subliñou.
O sector agroalimentario e forestal lucense “é a nosa fortaleza” segundo coincidiu a presidenta do PP coa titular de Medio Rural. Candia sinalou que “o sector primario, compatible co coidado do medio ambiente, é clave na nosa economía e hai que seguir axudándolle, non poñéndolle paus nas rodas”.
“A nosa provincia ten grandes retos e serán realidade se á fronte dos Gobernos hai xente do noso proxecto político”, defendeu Candia. Un deles son as infraestruturas. Nese sentido, sinalou que “os premios se dan cando se merecen e o señor Puente non fixo nada para que recibise un premio”, lembrou.
Así mesmo, quixo destacar que neste ámbito “o Parlamento de Galicia aprobaba esta semana por unanimidade unha iniciativa do Grupo Popular que poñía no centro do debate unha realidade: que nin Lugo nin Ferrol teñen conectividade coa alta velocidade. Nin sequera está na axenda. E nós temos que dicir alto e claro que non nos imos render nin en Galicia nin en Madrid nin en Bruxelas ata que Lugo teña as infraestruturas que merece”.
Vázquez: “La provincia de Lugo tiene motivos para quejarse de la política ferroviaria de Óscar Puente”
A presidenta agradeceu ao eurodeputado galego Adrián Vázquez que cumpra co compromiso de “ser un representante galego en Bruxelas cercano” e pídelle que “sexa a voz de agricultores e gandeiros e doutros asuntos relacionados coa provincia para que Europa sexa parte da solución e non do problema” en referencia á protección do lobo que Europa aprobara nun primeiro momento -criminalizando aos gandeiros- e que vén de rebaixar recentemente.
Vázquez prometera durante a campaña ser en Europa un concelleiro máis do PPdeG e iso implica “pasar mucho tiempo en Galicia”. De feito, estes días participará en distintos actos nas catro provincias polo que volverá o martes a Lugo onde asegurou sentirse “como en casa”.
O eurodeputado popular destacou o bo trato que recibe en Lugo fronte ao que recibe de Óscar Puente que “no para de insultarme en Twitter”. Nese sentido, o eurodeputado incidiu durante a súa intervención en que “si hay una provincia de España que tiene motivos para quejarse de la política ferroviaria es Lugo”. E, nese sentido, engadiu que “el único premio que merece este señor es el de peor ministro de la democracia”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


