Oito colectivos de Guitiriz, Lugo, Vilalba, Pol e Ribas de Sil percorrerán ata o venres o territorio lucense a través deste programa de viaxes gratuítas que a institución provincial ofrece a entidades sen ánimo de lucro para dinamizar a economía local
Lugo, 1 de outubro de 2024. Preto de 200 persoas viaxarán esta semana á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra grazas ao programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Un total de oito colectivos de Guitiriz, Lugo, Vilalba, Pol e Ribas de Sil percorrerán ata o venres o territorio lucense a través deste programa de viaxes gratuítas que a institución provincial ofrece a entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de dinamizar o turismo e a economía local.
Hoxe, a asociación de nais e pais do colexio público de Lagostelle (Guitiriz) viaxarán a Cervo e a Peña Gastronómica do Barrio Milagrosa (Lugo) á Fonsagrada. Os primeiros pararán a coñecer a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación antes de continuar a ruta cara a fábrica de Sargadelos e San Cibrao, onde coñecerán a carpintería de Ribeira, a praia do Torno e o Museo do Mar. Os segundos visitarán o Pazo de San Marcos antes de seguir cara o Museo Comarcal da Fonsagrada, unha fábrica de embutidos e unha visita á seimeira de Vilagocende.
O mércores a asociación veciñal Ínsua Zoqueira (Vilalba) e a asociación de nais e pais do alumnado de Santo Estevo (Guitiriz) viaxarán á Ribeira Sacra. Os vilalbeses escolleron a ruta de Chantada e O Saviñao, que lles levará a visitar a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, o casco histórico chantadino, a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño e unha adega. Pola súa banda, os guitiricenses descubrirán os concellos de Sober e Monforte, que inclúe un percorrido en catamarán polo Canón do Sil.
Desde Pol, as Mulleres Rurais Olvido escolleron tamén a zona de Sober e o xoves visitarán a reitoral de Gundivós, un dos miradoiros sobre o Sil e unha adega de Amandi. Ademais, a asociación de San Vicente de Pías Río de Marcos, de Lugo, fará tamén o xoves a ruta da Fonsagrada.
Rematarán a semana as asociacións de Remeite de San Clodio, de Ribas de Sil, e Mestura de Nete, de Vilalba. Os primeiros irán a Viveiro, a desfrutar dunha viaxe que inclúe visita ao miradoiro de San roque e ao casco antigo viveirense. Os segundos porán rumbo á Montaña lucense para descubrir Piornedo e visitar a vila de Navia de Suarna.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



