O goberno provincial negouse a tratar unha proposta coa que urxir a convocatoria da mesa de seguimento que tiña que ter convocada o Ministerio antes do 30 de setembro e que permitiría “estudar a proposta de acordo entre Alcoa e Ignis” para respaldar as operacións na Mariña
Lugo, 29 de outubro de 2024. PSOE e BNG negáronse no pleno da Deputación de Lugo a esixir ao Goberno de Sánchez a convocatoria inmediata da mesa de seguimento do pacto de Alcoa e medidas de apoio que contribúan á viabilidade da planta na Mariña.
Socialistas e nacionalistas votaron en contra de debater con carácter de urxencia unha iniciativa do Grupo Provincial Popular para reclamar, entre outras medidas, a convocatoria urxente da mesa de seguimento por parte do Ministerio de Industria que está incumprindo o acordado de convocar unha reunión cada trimestre. “Tiña que estar convocada antes do 30 de setembro”, segundo indicou o deputado mariñán e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.
“Os propios traballadores reclaman tamén a convocatoria da mesa de seguimento” que está integrada por representantes da empresa, dos traballadores, do Goberno e da Xunta e sería o escenario axeitado para “estudar a proposta de acordo” entre Alcoa e Ignis para respaldar a continuidade das operacións da planta na Mariña, os compromisos das propias empresas e dos apoios necesarios para garantir a viabilidade da planta e, polo tanto, a continuidade do emprego.
Á vista de que outras empresas consideradas estratéxicas para o Estado como Telefónica, Air Europa e, máis recentemente, Arcelor, entre outras si recibiron axudas públicas, os populares defenden que “a planta da Mariña que é a única de produción de aluminio primario de España e que foi declarada esencial durante a pandemia merece o mesmo trato”. A importancia da planta de Alcoa para a provincia “está fóra de toda dúbida”, segundo defendeu Salgueiro.
A proposta dos populares recollía esixir ao Goberno de España axudas públicas que garantan o investimento para a modernización da planta no mesmo sentido que as que recibiron outras empresas tamén declaradas estratéxicas polo Estado; así coma o compromiso para a consignación dos 80M$ (74M€) correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto e o aumento da dotación orzamentaria ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea para compensar os custos indirectos por CO2 da industria electrointensiva.
AUTORIZACIÓN DOS PARQUES EÓLICOS VINCULADOS Á PLANTA
“O Goberno de España, único competente na materia, non foi capaz de abaratar o prezo da enerxía polo que a factoría mariñá non está a competir en igualdade de condicións con respecto ao resto de industrias electrointensivas europeas”, explican.
Nese sentido, os populares urxen ao Goberno de Sánchez a autorizar os parques eólicos vencellados á produción de enerxía para a factoría mariñá a prezos competitivos.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



