A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de San Miguel de Reinante de 38 anos de idade como suposta autora dun delito de simulación de delito. A persoa investigada denuncio en dependencias oficiais dous cargos indebidos na súa conta bancaria. Iniciouse entón unha investigación policial comprobando documentalmente que os cargos se corresponden con dúas cotas dun préstamo ao consumo contratado pola investigada e ingresado na súa propia conta. Supostamente a persoa investigada pretendía que a entidade bancaria devolvéselle os importes das cotas domiciliadas tras formular a denuncia ante a Garda Civil. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial
























Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



