O volume, editado polo Servizo de Publicacións da área de Cultura, presentarase o venres 8 de novembro
Lugo, 4 de outubro de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo publica o diario escrito en Lugo por Xosé Ramón Fernández -Oxea “Ben Cho Shey” durante as primeiras semanas do golpe de Estado de 1936, até agora inédito.
O texto sae á luz nun volume editado pola Servizo de Publicacións da área de Cultura baixo o titulo “Diario de Lugo.1936”, que se presentará o vindeiro 8 de novembro – ás 20.00 horas – no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
O libro inclúe a transcrición do diario -con crónicas entre o 18 de xullo e o 21 de agosto, máis dous apuntamentos a xeito de epílogo e síntese – e máis a reprodución facsimilar do caderno, depositado na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense xunto ao outros documentos do seu arquivo persoal e da súa biblioteca.
O orixinal identificouse durante os traballos de investigación desenvolvidos para organización da exposición “Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural” do Museo Provincial de Lugo polo equipo responsable da mostra, coordinado por Xoan Ramiro Cuba e participado por Iria Varela Fernández, Mercedes Salvador Castañer e Xosé Brais García Fernández, actual responsable do Servizo de Publicacións e coordinador editorial do libro.
As súas achegas incorpóranse no limiar do libro e nun detallado e amplo compedio de notas que contextualiza o relato de Ben Cho Shey, un dos poucos que dá testemuña directa do acontecido na cidade de Lugo nos días seguintes ao 18 de xullo e os seus antecedentes.
A publicación distribuirase ás librerías interesadas a partir do luns 11 de novembro.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



