Barreiros, 19 de novembro de 2024. O Concello de Barreiros organiza para este xoves, 21 de novembro, ás 11:00 horas, a presentación da súa nova APP turística. O evento terá lugar nas escolas de San Cosme e está dirixido a todas as persoas interesadas, con especial atención ao sector servizos e á hostalaría.
Esta aplicación, deseñada para ofrecer unha experiencia única, permitirá acceder a toda a información turística do municipio dunha maneira máis práctica e accesible. Entre os seus recursos pódense atopar:
Os principais lugares de interese.
A información sobre as praias.
Un directorio de establecementos hostaleiros.
Rutas de sendeirismo
Guías para desfrutar de Barreiros en 1, 2 ou 3 días.
Outros recursos para descubrir os encantos de Barreiros.
Esta iniciativa busca modernizar a promoción turística e facilitar o acceso á información, reforzando a aposta do Concello por posicionarse como un destino atractivo e accesible para todos os públicos mellorando a experiencia das persoas visitantes e poñendo en valor os recursos do municipio.
A aplicación xa está dispoñible para descargar en sistemas Android e iOS.
Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=org.barreiros.app
iOS: https://apps.apple.com/es/app/barreiros-app/id6670489033






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



