Vai para 23 dias que enviei una carta ós medios de comunicación denunciando o retraso excesivo na lectura dunha analítica que estaba realizada dende o 24/10/2024, y da que me daban os resultados o dia 19/11/2024. Decidín presentar unha reclamación por día de retraso no Centro de Saúde de Viveiro , como así fixen ata o 19 na que fun atendido felizmente pola miña médica.
Deixar claro a miña confianza absoluta nesta profesional, que intenta( como tódolos demais) cumprir co traballo que lle toca, así como asumir pola mala xestión do Sergas a suplencia de baixas, ademais de atender lexitimamente o seu dereito como traballadora. O que xa non entendo, é a reiterada contestación do SERGAS ás miñas reclamacións, argumentando( sen decatarse evidentemente) da nefasta xestión que leva a cabo neste Centro de Súde e no Hospital da Costa.
A contestación ás miñas reclamacións realizase o 20/11/2024 con rexistro de saída 31.832( que non sei si responde a un numero de reclamacións) en onde se me di textualmente : “ En diversas categorías do ámbito sanitario, vense producindo un déficit estrutural de persoal nas listas de vinculacións temporais, habitualmente esgotadas, facendo difícil e, en bastantes ocasións, imposible a substitución…” . Non sei o que pensará a poboación en xeneral sobre esta desculpa. Quédaseme a cara de idiota, pensando que a institución que me goberna , pense que o son. Vou utilizar a mesma frase anterior do Sergas, cunha situación hipotética persoal ante Facenda, de incumprimento do meu deber como cidadán.
Esta sería algo así como: “En diversas categorías do ámbito familiar, vense producindo un déficit estrutural dos nosos fondos, na aportación de cartos temporais, e que se esgota habitualmente con rapidez, facendo difícil e, en bastantes ocasións, imposible polas ausencias de cartos, polo que solicitamos non realizar o pagamento da Declaración da Renda neste exercicio”. Creo que todo o mundo entende a ironía metafórica deste apartado.
Dito isto, a lei me di que de antemán teño que ter eses cartos, para que todos/a teñamos a asistencia Sanitaria, Educativa, etc…, é dicir, ser PREVISOR. Si os responsables políticos que gobernan non son exemplo, a quen lle pedimos responsabilidades?. Non vou ir polo camiño trampa de desprestixiar, a política como argumento fácil do de: “todos/as son iguais”. Iso é mirar para outro lado, incumprir como demócrata, de velar polo voto, que non consiste na introdución da papeleta cada certo tempo. O sistema democrático, sendo malo, permítenos poder estender o noso dereito, polos camiños legais que permite a lei, inda que non nos usemos nin coñezamos.
Por iso, esíxolle como cidadán, ó partido gobernante en Galicia, que respecte os principios democráticos no meu dereito a ser atendido en tempo e forma. Dereito a unha SANIDADE PÚBLICA digna e con garantías, que teña presente previñer dende as matrículas nas facultades de Medicina, ata o número suficiente de persoal, así como os salarios dignos para ter o persoal necesario que atenda a esa prevención.
PREVENIR, hoxe por desgraza, está de moda, que non se nos esqueza ós/ás da pé, que as “danas” e as súas formas e consecuencias, poden ser moi diversas.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



