Ribadeo, 13 de novembro, 2024. Nos últimos días o grupo municipal do BNG de Ribadeo presentou unha moción para que o depósito de fianza volva ser obrigatorio para todas as empresas do sector da madeira. Nas últimas horas o PP presentou a súa proposta para volver modificar a ordenanza, despois da primeira modificación que fixeron a finais de xaneiro deste mesmo ano, na que suprimían a obrigación. Para buscar o consenso e a estabilidade e evitar que a norma se estea modificando cada poucos meses, o BNG buscará un acordo co PP.
Pablo Vizoso declarou: “ Como xa dixemos hai poucos días, a última modificación da ordenanza fracasou estrepitosamente, en tan só 7 meses, por verse obrigado o concello a prohibir as cortas por primeira vez na historia. Desde este grupo municipal cremos que é necesario achegar estabilidade á norma para asegurar un correcto funcionamento das cortas e sacas de madeira, e máis tendo en conta os graves incendios do ano pasado. Facer dúas modificacións dunha ordenanza no mesmo ano é un signo de inestabilidade e mala planificación. Debemos recordar que a ordenanza orixinal levaba en vigor desde o ano 2013 e nunca dera que falar porque funcionaba de xeito correcto. Advertimos reiteradamente que isto ía pasar, pero agora xa foi e debemos buscar solucións”.
Vizoso propón: “Nós non somos partidarios de aumentar as sancións, xa que coa ordenanza orixinal nunca fixo falta sancionar nin executar unha soa fianza, co aviso de execución era suficiente para que as empresas levasen a cabo o arranxo. Inda así, se o goberno considera que é unha ferramenta útil estamos dispostos a apoialos, pero a cambio de que recuperen a obriga que levamos meses reclamando. Estabilidade e negociación é o que ofrecemos. Protexer a veciñanza é o máis importante”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



