O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao
Cervo, 13 de novembro de 2024. O Concello de Cervo programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.
Ese mesmo día, luns 25, terán lugar os actos centrais concentrados na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao. Así, ás 19:00 horas celebrarase o acto solidario “Unha vela por ti”, en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdad Cervo. As persoas asistentes poderán adquirir alí mesmo velas como xesto simbólico, e a recadación irá integramente destinada para a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asoc. Saúde Mental A Mariña.
A axenda de actos completarase esta mesma fin de semana. Así o sábado 23 de novembro terá lugar un taller de fotografía de luz negra na Casa da Cultura, impartido por Diana Fajardo.
Será en dúas quendas, en horario de 17:00 a 19:00 horas, para as crianzas de 10 a 16 anos; e de 19:15 a 21:15 horas, para as persoas adultas. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura, no teléfono 982 59 51 57. As persoas asistentes que o desexen poden levar a súa cámara fotográfica ao obradoiro.
Xa o domingo 24 ás 12:00 horas está previsto o visionado dos traballos do taller na Casa da Cultura e tamén a inauguración da mostra fotográfica “Queremos ser Libres”, de Diana Fajardo, que se poderá visitar ata o 22 de decembro.
O Concello de Cervo de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nestes actos para poñer tamén o foco sobre a lacra da violencia de xénero, un problema colectivo que nos concirne á toda a sociedade no seu conxunto.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.