O eucalipto pasou de ocupar 131.000 ha no 1973 a máis de 413.000 hoxe en día, malia que o Plan Forestal galego de 1992 fixaba o máximo en 245.000 ha
Santiago de Compostela, 20 de novembro. A deputada do BNG Montse Valcárcel defendeu no Pleno do Parlamento a prórroga ata o 2030 da moratoria sobre novas plantacións de eucalipto, que remata en 2025, e propuxo converter esta medida nunha “gran panca de cambio” para unha nova política forestal baseada nun “verdadeiro” uso multifuncional dos montes, “cunha industria forestal-industrial potente, diversificada, sostible e respectuosa coa nosa natureza e o propio País”.
No transcurso dunha interpelación á conselleira de Medio Rural, María José Gómez, a deputada nacionalista avogou así por unha actuación decida que inclúa a prórroga e outras medidas complementarias para poñer límite ao crecemento desta especie, que en cincuenta anos pasou de ocupar 131.000 hectáreas en Galiza (ano 1973) ás máis de 413.000 de hoxe en día, cifra que supera considerablemente as 245.000 ha que fixaba como máximo o Plan Forestal Galego, de 1992.
Unha actuación que, proclamou, precisa dunha actuación “clara e decidida” da Xunta e do convencemento das asociacións produtoras e transformadores, e sobre todo, da gran maioría da sociedade galega “para dicir abonda xa ao monopolio e á degradación e destrución dos nosos bosques e montes e dicir si a un verdadeiro uso multifuncional dos montes”.
“O que fagamos agora determinará o futuro”, advertiu, alertando do risco de non facer nada contra a propagación dunha especie que, como monocultivo, ten consecuencias nocivas. “Degrada o solo, intensifica a perda de materia biolóxica na terra, axuda a unha rápida propagación do lume en caso de incendio e deixa balances hídricos negativos”, explicou, aludindo a continuación a outros “danos colateriais en ecosistemas lindeiros” como a chegada de sedimentos ás concas fluviais tras a tala das plantacións ou ao seu funcionamento como “unha especie de herbicida sobre a superficie boscosa e a comunidade microbiana”.
Montse Valcárcel considerou necesario diferenciar o valor e o prezo que o eucalipto ten en Galiza e, neste punto, advertiu que “non existe ningunha alternativa a esta especie que non teña un custo e sen alternativa imos de cabeza a un desastre ecolóxico”.
No transcurso da súa intervención, destacou tamén que a perda de biodiversidade é un aspecto relevante na mudanza climática que vivimos, unha das cuestións polas que é preciso acoutar as plantacións de eucalipto que, de xeito “nítido e preocupante” teñen un gran impacto ambiental, tal e como apuntan os estudos científicos.
“No monte poden ter cabida todas as especies, pero de forma ordenada”, proclamou a deputada, subliñando neste sentido que “no monte existe unha economía social máis aló da produción madereira”. Recalcou, neste punto, que tras décadas de abandono das zonas de cultivo, a extensión ocupada polo mato e o eucalipto é hoxe maior que a superficie agraria útil (SAU), “e manter cultivos agrarios serviría para ter áreas de discontinuidade e, polo tanto, control dos lumes forestais”.
Valcárcel lembrou que a masa forestal representa na actualidade máis do 60 % do territorio galego, unha cifra moi superior á media do Estado español e á media dos países da Unión Europea, que é algo máis do 38 %.
As plantacións galegas de eucalipto supoñen o 54,3 % do total do Estado e o 27,5 % do conxunto do continente europeo, malia que, xunto á Península Ibérica, só hai eucalipto en Italia (70.000 h) e Francia (10.000). Ademais, tal e como destacou Valcárcel, a superficie ocupada por esta especie de crecemento rápido supera en Galiza a extensión doutros estados considerados grandes produtores, como Chile (232.000 hectáreas), Uruguai (217.000), Nova Zelandia (150.000), Sudáfrica (100.000) ou China (48.000).
Evitar o efecto chamada para plantacións ilegais
Ademais da ampliación da moratoria ata o 2030, que Valcárcel defendeu decidir xa para evitar o “efecto chamada” do 2021 e a proliferación de plantacións ilegais, o BNG considera urxente implantar medidas de conservación activas e sostibles para protexer os ecosistemas naturais e promover a biodiversidade para os espazos protexidos, onde o eucalipto avanzou a gran velocidade nos últimos anos.
A iniciativa nacionalista considera así mesmo urxente a redución gradual da presenza do eucalipto en terras agrarias forestadas ilegalmente, zonas de protección de augas, zonas de protección do patrimonio cultural, zonas de protección de infraestruturas e zonas de protección de costas.
Ademais, o Bloque defende a reconversión de terreos forestais con plantacións de eucaliptos nas que esta especie non ten aproveitamento produtivo ou poden ter outra vocación, unha medida que debe impulsar o Goberno galego nas máis de 300.000 hectáreas de montes que xestiona mediante convenios, consorcios e outras figuras.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



